Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 34947950W/09/12/2019/2.1.E e catro máis.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia, ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que contra el cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselle ás persoas interesadas que, se non formulan alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 16 de decembro de 2019

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

34947950W

34947950W/

09/12/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un mes

28666690L

28666690L/

02/12/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un mes

55147779N

55147779N/

12/11/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un mes

48117633T

48117633T/

12/12/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un período de tres meses

76727906K

76727906K/

26/06/2019/2.2.A

Artigo 25.4.a)

Artigo 47.1.b)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un período de tres meses