Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 755/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento PO 755/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo de Jesús Jiménez Inoa, que comparece por si mesmo asistido da graduado social Matilde Mallo Nieves, contra Juan Liste Brañas e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia constaren citados en legal forma, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tras ver o presente procedemento ordinario 755/2017, por instancia de Ricardo de Jesús Jiménez Inoa, que comparece por si mesmo asistido da graduado social Matilde Mallo Nieves, contra Juan Liste Brañas e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia constaren citados en legal forma, resolvo:

Estímase parcialmente a demanda presentada pola parte demandante fronte a Juan Liste Brañas e condénase a demandada ao aboamento de 3.288,75 euros brutos máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza