Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 8913

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR701E).

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e na coordinación do territorio rural galego, para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o seu despoboamento (disposición adicional 6ª da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, modificada pola Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei 7/1996 e a Lei 5/2000, e mais pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

No marco das súas funcións, desenvolvidas no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o seu regulamento, correspóndelle a Agader a xestión das medidas e actuacións no marco da programación dos fondos agrarios de desenvolvemento rural.

O artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece que as axudas previstas no seu punto 1.c) abranguerán investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e do sector forestal, a silvicultura, incluído o acceso ás superficies agrícolas e forestais, a consolidación e mellora de terras e a subministración e aforro de enerxía e auga.

Neste contexto, o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo, a través da Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo, e mediante a Decisión de execución da Comisión C (2019) 1707 final, do 26 de febreiro, prevé na ficha correspondente á submedida 4.3 o apoio a investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e da silvicultura. Especificamente, prevé a promoción dos investimentos en infraestruturas relacionadas coas explotacións e, en particular, a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias, incidindo directamente na área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola).

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E, como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para poderen seguir cumprindo coas súas funcións.

De acordo coa Lei de bases de réxime local, os concellos exercen competencias propias no relativo ás infraestruturas viarias da súa titularidade. No exercicio das facultades de fomento que competen a Agader, e no marco de colaboración que debe rexer a relación entre administracións públicas, esta entidade consensuou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de repartición dos fondos públicos vinculados a esta convocatoria de axudas, a partir dunha asignación fixa por concello, número de entidades de poboación e número de habitantes, e tendo en conta variables vinculadas á superficie, agrariedade, grao de despoboamento e grao de envellecemento. Así mesmo, na repartición dos citados fondos tívose en conta, ademais, o Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivos en procesos de fusión municipal.

Segundo dispón o Plan galego de controis Feader das medidas non establecidas no ámbito do sistema integrado para o período 2014-2020, nos casos de actuacións directas da Administración ou de axudas xestionadas sen mediar orde de convocatoria, precísase da aprobación dun programa ou plan marco do cal se deriven as operacións financiadas, que deberá contar co informe previo da autoridade de xestión do Feader.

A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionado á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2020.

De acordo co anterior, o director xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar o Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que se xunta a esta resolución como anexo I, e onde se regulan as normas para a xestión do plan, co código de procedemento administrativo MR701E.

Segundo. Aprobar os importes máximos que corresponden a cada concello, nos termos previstos no anexo II.

Terceiro. Aprobar o modelo de resolución individual para conceder, de forma directa, as axudas correspondentes ao Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, que se xunta a esta resolución como anexo III.

Cuarto. Aprobar os formularios para a xestión deste procedemento de concesión de axudas, que se xuntan a esta resolución como anexos IV (solicitude de axuda), V (renuncia) e VI (solicitude de pagamento).

Quinto. A dotación máxima para financiar esta convocatoria de axudas ascende a 11.974.836,00 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 2020-14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008), dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural coa seguinte distribución por anualidades:

Anualidade

Importe

2020

5.987.418,00 €

2021

5.987.418,00 €

Total

11.974.836,00 €

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da submedida 4.3 «Investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura», do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, nun 7,5 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e nun 17,5 % por fondos propios da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

Na páxina web da Agader: agader.xunta.gal

Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

Nos teléfonos 981 54 73 82/981 54 26 90 (Agader).

De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 82.

Disposición adicional terceira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Axencia Galega de Desenvolvemento Rural–, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados, conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. O director xeral da Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.

Disposición derradeira segunda. Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas
agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020

Artigo 1. Obxecto

Este plan marco ten por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

Para os efectos deste plan, terán a consideración de parcelas agrícolas:

– Todas aquelas parcelas en que máis do 50 % da súa superficie estea clasificada como de uso agrícola, entendendo como tales: terras de cultivo (terras arables, horta e invernadoiros), cultivos permanentes (viñedos, froiteiras, oliveiras…) e pasteiros (excluídos pastos arbustivos e arboredos).

– Parcelas en que se localice unha instalación agrogandeira.

– Parcelas incluídas na solicitude de axuda para os pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (SIXC) do ano 2019.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Artigo 2. Beneficiarios

Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

– Ter remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

– Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 17 deste plan marco.

Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 11.974.836,00 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por fondos e anualidades:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (75 %)

Xunta (17,5 %)

MAPA (7,5 %)

2020

5.987.418,00 €

4.490.563,50 €

1.047.798,15 €

449.056,35 €

2021

5.987.418,00 €

4.490.563,50 €

1.047.798,15 €

449.056,35 €

Totais

11.974.836,00 €

8.981.127,00 €

2.095.596,30 €

898.112,70 €

2. Este plan marco tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a súa eficacia queda condicionada a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2020, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. O importe global do plan marco distribúese entre todos os beneficiarios en aplicación dos criterios establecidos no anexo II da Resolución do 19 de decembro de 2019 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos beneficiarios.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais nos seguintes termos:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incidan na mellora da seguranza viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou alargamentos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

c) Mantemento: tanto do firme existente como das súas marxes (limpeza e perfilado de noiros e cunetas), reforzo dos terrapléns.

2. Para os efectos deste plan marco, enténdese por camiño municipal de acceso a parcelas agrícolas aquel camiño que cumpra as seguintes condicións:

– Que sexa de titularidade municipal.

– Que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos a dúas parcelas agrícolas.

3. Todos os proxectos que se presenten deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

Verificarase o cumprimento deste requisito mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude de axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Agader pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.

d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se concedeu a axuda.

4. As actuacións deberán axustarse ás seguintes regras e requisitos:

a) Deberán integrarse nun único proxecto de obra, en que se recolla:

1º. Identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas. Non se admitirán actuacións que propoñan o cambio a unha capa de rodaxe distinta da existente no camiño, agás nos casos en que estea debidamente xustificada a súa necesidade por ser unha vía de acceso a edificacións e instalacións agrícolas.

2º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.

3º. No caso de actuacións que rematen no límite do territorio municipal, deberá acreditarse a continuidade en termos de material e estado da capa de rodaxe no tramo do camiño que discorre polo concello limítrofe.

4º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que estarán dispoñibles na páxina web de Agader (agader.xunta.gal).

5º. Planos de localización e de detalle necesarios, con indicación do trazado exacto das actuacións, da súa lonxitude e largura e dos puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados, así como da localización das parcelas agrícolas a que dan acceso.

6º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.

7º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións (excluído IVE).

Os custos do control de calidade non se deberán integrar no orzamento do proxecto. En caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable, nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas.

b) O número máximo de actuacións será de catro por proxecto. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física.

c) As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que estarán publicadas na ligazón http://www.epseaga.com/?q=gl/node/8 e na páxina web da Agader agader.xunta.gal en formato .bc3.

As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que a conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:

– Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.

– Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere o das citadas tarifas.

Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.

d) Non se admitirán actuacións consistentes unicamente no arranxo de fochancas.

As actuacións que consistan en arranxo de fochancas deberán incluír necesariamente tratamentos superficiais cunha lonxitude mínima de 100 metros e abranguer a totalidade da plataforma do camiño.

e) Quedan excluídas as actuacións en rúas e vías interiores dentro dos núcleos de poboación.

f) Unha vez presentada a solicitude de axuda, non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das previstas inicialmente no proxecto de obra.

g) Non se subvencionará ningún investimento que incida sobre as actuacións subvencionadas nos plans de mellora de camiños de titularidade municipal xestionados pola Agader ou en procesos de reestruturación parcelaria nos últimos 5 anos. Neste caso, excluirase da actuación proposta a parte proporcional do orzamento que incumpra este requisito.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, son subvencionables os investimentos necesarios para as obras de mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente. En particular:

a) Obra civil vinculada á execución do proxecto.

b) Servizo de control da calidade da obra.

2. Non serán subvencionables en ningún caso:

a) As partidas a tanto global.

b) O imposto do valor engadido (IVE).

c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.

d) Os gastos de redacción de proxecto nin os de estudos necesarios para a súa redacción.

e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.

f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.

g) O panel de obra.

Artigo 6. Intensidade da axuda

A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables. A porcentaxe de axuda calcularase sobre o importe dos gastos subvencionables ata o límite do importe asignado a cada concello.

O importe máximo de axuda que corresponde a cada beneficiario é o indicado no anexo II da Resolución do 19 de decembro de 2019.

Artigo 7. Compatibilidade e acumulación de axudas

1. Unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

2. Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan marco serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, ao reintegro da axuda.

4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dp procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.

Dentro do prazo establecido os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o cal se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Agader agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda.

Para poder presentar a solicitude é imprescindible que a entidade solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

3. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:

a) Darse de alta na aplicación informática para a xestión das axudas. O nome de usuario será o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.

b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 deste plan marco.

c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación e xerará de forma automática o anexo IV (solicitude de axuda). A publicación no DOG deste anexo ten carácter puramente informativo.

3. Se algún Concello presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Agader pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 981 54 73 82/981 54 26 90, e o enderezo de correo electrónico infoagader@xunta.gal

Artigo 9. Documentación que teñen que presentar as entidades solicitantes

1. Xunto co formulario normalizado de solicitude (anexo IV), os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:

a) Proxecto de obra, nos termos previstos no artigo 4.4.a) destas normas.

b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da Secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, en que se indique:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no proxecto nos últimos 5 anos, sinalando, se é o caso, a natureza das obras, o ano e a orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.

2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

e) No caso de acceso a instalacións agrogandeiras, informe do/da técnico/a municipal competente en que se identifiquen as persoas titulares das ditas instalacións.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015. As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Agader poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica.

No caso de que o proxecto de obra supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica ou teña un formato non admitido, os promotores poderán dividir o arquivo electrónico correspondente, xerando varios arquivos de menor tamaño, ou ben optar pola súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos, en formato CD. Neste último caso, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3. Non será necesario que as entidades solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.3 da Lei 39/2015 e 20.3 da LSG, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade a que se formule a proposta de resolución.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos, elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Baremación das solicitudes

Co fin de garantir un uso satisfactorio dos recursos financeiros e para dar cumprimento ao disposto no artigo 49 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, unha vez revisadas as solicitudes de axuda e practicadas as emendas, a Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural, en calidade de entidade xestora das axudas, valorará individualmente cada unha das actuacións propostas no proxecto á vista dos criterios de selección previstos no artigo seguinte.

Excluiranse aquelas actuacións que, logo da súa baremación de acordo cos criterios aplicables, obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos do presente plan.

Artigo 12. Criterios de selección de operacións

Para a selección dos proxectos deberán aplicarse os seguintes criterios:

1. Criterios en función do número e tipo de parcelas agrícolas a que dá acceso o camiño rural (máximo 70 puntos).

a) Número de parcelas agrícolas a que dá acceso o camiño ata un máximo de 50 puntos, de acordo coa seguinte desagregación:

– Máis de 10 parcelas agrícolas: 35 puntos.

– Máis de 8 parcelas agrícolas: 30 puntos.

– Máis de 6 parcelas agrícolas: 25 puntos.

– Máis de 4 parcelas agrícolas: 20 puntos.

– Máis de 2 parcelas agrícolas: 15 puntos.

– Acceso a 2 parcelas agrícolas: 0 puntos.

A maiores, no caso de que as parcelas figuren como declaradas na solicitude de axuda para os pagamentos directos da PAC do ano 2019, engadiranse 5 puntos adicionais por cada parcela cun máximo de 15 puntos.

b) Número de parcelas agrícolas que lindan directamente co tramo do camiño onde se proxecta a actuación, ata un máximo de 20 puntos, de acordo coa seguinte desagregación:

– Tres ou máis parcelas agrícolas: 20 puntos.

– Dúas parcelas agrícolas: 15 puntos.

– Unha parcela agrícola: 10 puntos.

– Non linda con ningunha parcela agrícola: 0 puntos.

2. Criterios en función das características da actuación (máximo 30 puntos).

a) O tramo do camiño onde se proxecta a actuación non foi obxecto de ningunha actuación nos últimos 3 anos (5 puntos).

b) Na actuación proposta non se modifica a natureza da capa de rodaxe existente (5 puntos).

c) A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa seguranza viaria: sinalización vertical, horizontal, bandas redutoras de velocidade ou barreiras de seguridade (10 puntos).

d) A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa mellora da drenaxe do camiño: execución de cunetas de formigón, pasos salvafoxos, recollida de pluviais ou canalizacións (10 puntos).

Artigo 13. Procedemento de xestión das axudas

1. Compete á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural o estudo e a análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda, sen prexuízo da necesaria coordinación coa Consellería do Medio Rural, que habilitará o persoal técnico necesario para prestar o asesoramento, colaboración e asistencia técnica en todo o relacionado coas especificidades técnicas propias destas actuacións.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requiriralle á entidade interesada que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que, se así non o fixer, considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

3. As notificacións do requirimento de emenda efectuaranse por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 14 deste plan marco.

4. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica a través da páxina web da Agader (agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda) a través da aplicación informática habilitada para a xestión destas axudas.

5. Co fin de completar a instrución do procedemento, a Agader poderá requirirlle á entidade solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

6. Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación informática habilitada para a xestión das axudas, accesible desde a páxina web da Agader (agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda).

7. O director xeral da Agader resolverá motivadamente, por delegación do Consello de Dirección da Agader, a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de 4 meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lles notificou resolución expresa. A notificación practicarase por medios electrónicos.

Artigo 14. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015).

2. A notificación practicarase do seguinte xeito:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude de axuda un aviso en que se lle indica a posta á súa disposición da notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web da Agader, http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, Agader practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Execución das actuacións subvencionadas

1. Os concellos deberán licitar as obras de acordo cos procedementos establecidos na Lei 9/2017, do 18 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP).

a) Deberán tramitar un único procedemento de contratación, comprensivo de todas as actuacións de obra aprobadas pola Agader. Non se admitirá a execución de obras a través de encomendas de xestión. O incumprimento do disposto neste parágrafo determina a perda do dereito ao cobramento da axuda.

b) No caso de proxectos de obra cuxo importe permita a contratación mediante o procedemento de contrato menor deberá terse en conta que:

1º. Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas.

2º. As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.

3º. As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes con referencia, cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.

c) Independentemente do procedemento de contratación que se tramite, os criterios de adxudicación aprobados polo órgano de contratación deberán incluír necesariamente o criterio do prezo, cunha ponderación mínima do 50 % respecto do total. O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se pagará equivalente ao 20 % do total da axuda certificada.

No caso de que se prevexan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da Lei 9/2017. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se pagará equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.

d) Calquera modificación do proxecto de obra deberá ser comunicada á Agader e, en calquera caso, deberase tramitar un modificado do proxecto nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.

2. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas reguladoras.

O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se pagará equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.

A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP. No caso de que o concello opte polo procedemento de contrato menor deberá solicitar igualmente tres ofertas, tal e como se indica no artigo 15.1.b) deste plan.

Este control deberá abranguer, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Control da calidade dos materiais empregados.

b) Control da calidade dos métodos de execución.

c) Control da calidade das obras rematadas.

O informe resultante do control de calidade deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen certifique, con base nos resultados do control, a adecuación da obra executada ao proxecto.

Artigo 16. Xustificación dos investimentos

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2020 será o 18 de setembro de 2020. Para a anualidade 2021, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 4 de xuño de 2021.

2. A presentación da solicitude de pagamento (anexo VI) realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Agader agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda, dentro dos prazos de execución e xustificación referidos no parágrafo anterior. O anexo VI publícase no DOG para efectos puramente informativos.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante RLSG), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, poraos no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días hábiles para a súa corrección.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado esta, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda.

Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 14 deste plan marco.

3. Xunto coa solicitude de pagamento (parcial e final), deberán presentar a seguinte documentación:

a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.

b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do cartel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade, nos termos previstos no punto 8 do artigo 19 deste plan marco.

c) Facturas rexistradas no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria), que deberá identificar o número de factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a entidade que realiza o pagamento e o destinatario.

Os xustificantes de pagamento tramitados a través da banca electrónica deberán vir validados co selo da entidade bancaria correspondente.

e) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia, nos termos establecidos na solicitude de pagamento (anexo VI).

4. A maiores da documentación referida no punto 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento parcial deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, relativa aos seguintes aspectos:

1º. Ao acordo de aprobación do proxecto técnico das obras por parte do órgano municipal competente.

2º. Á aprobación da correspondente certificación parcial de obra por parte do órgano municipal competente.

b) Certificación ou informe da persoa titular da Secretaría ou da Intervención da entidade local ou, se é o caso, do/da empregado/a público/a que, de acordo coa estrutura organizativa do Concello, teña atribuída as competencias en materia de contratación pública, acreditativo de que o procedemento de contratación pública se tramitou nos termos previstos na normativa de contratación do sector público vixente, así como dos seguintes aspectos:

– Procedemento seguido para a contratación das obras subvencionadas.

– Criterios de valoración incluídos nos pregos de cláusulas administrativas particulares, con indicación da ponderación de cada un deles.

A este informe ou certificación xuntaráselle a listaxe de comprobacións para operacións de investimento público, que poderá descargarse da páxina web da Agader http://agader.xunta.gal.

c) No caso de que o Concello optase por tramitar contratos menores, ben para obra ou ben para o servizo de control de calidade, tres ofertas solicitadas segundo o exposto no artigo 15.

5. A maiores da documentación referida no punto 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento final deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local acreditativa da aprobación da certificación final de obra por parte do órgano municipal competente.

b) Informe do/da técnico/a municipal competente, acreditativo do cumprimento da lexislación urbanística e sectorial, así como do planeamento en vigor, con indicación de se proceden ou non permisos e/ou autorizacións doutros organismos para a execución do proxecto.

c) Se é o caso, copia dos permisos e autorizacións legalmente exixidos para levar a cabo as obras.

d) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 15.2 destas normas. Deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado, asinadas polo/a director/a de obra ou polo responsable do control.

Artigo 17. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

– A operación finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

– Os custos contraídos e os gastos realizados.

– A verificación da moderación dos custos xustificados.

2. Todas as operacións de investimento incluirán, polo menos, unha visita in situ ao lugar da operación para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

3. Para estes efectos, determinarase:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e da decisión de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado axustarase ao límite concedido.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo.

A cantidade que se pagará ao beneficiario será a definida no importe b).

Cando o importe a) supera o importe b) en máis dun 10 %, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes; non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.

4. No caso de incumprimentos de normas relacionadas coa contratación pública, tomaranse como referencia as porcentaxes indicadas no anexo da Decisión da Comisión, do 19 de decembro de 2013, relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, no caso de incumprimento de normas en materia de contratación pública.

Artigo 18. Réxime de pagamentos

Con cargo á anualidade 2020, tramitarase un pagamento á conta sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.

O feito de non xustificar correctamente esta anualidade no prazo establecido no artigo 16.1 deste plan marco suporá na perda parcial do dereito ao cobramento da axuda, polo importe indebidamente xustificado.

Na anualidade 2021 non se concederán pagamentos á conta, de xeito que se practicará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.

Os concellos beneficiarios están exentos da constitución de garantías, en virtude do disposto no artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009.

Artigo 19. Obrigas dos concellos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao amparo desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras deberán ter unha garantía de mantemento de cinco anos, contados desde a data de pagamento final da axuda. E serán por conta do Concello os custos necesarios para a súa xustificación. O Concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

8. Cumprir coas obrigas de publicidade que se especifican a seguir:

Deberase publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia; en particular, do seguinte xeito:

– Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión do seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Ao mesmo tempo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. O panel será de material resistente e ríxido, e deberá estar colocado ata o momento da realización da visita in situ.

A Agader facilitará a través da súa páxina web o modelo, o formato e as dimensións do panel informativo.

– No caso de que o Concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade cos artigos 46 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, e en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, deberán proporcionarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa.

10. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao amparo desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

11. Cando o Concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo V.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

En todo caso, a modificación da resolución de concesión tramitarase nos termos previstos no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da LSG, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade. Así mesmo, publicaranse no DOG as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias das subvencións están obrigadas a lle subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que estean vinculadas, logo do requirimento, toda a información necesaria para que aquelas cumpran as obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 21. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de mora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG.

Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a entidade beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2012, modificado polo Regulamento de execución 2017/1242).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben ou da actividade subvencionada, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do RLSG.

4. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se concedeu a subvención.

b) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da entidade subvencionada e impida o seu normal funcionamento.

Artigo 22. Réxime sancionador

As persoas beneficiarias das axudas, se é o caso, estarán suxeitas ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do RLSG, e, se é o caso, ao disposto no Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014 e no Regulamento delegado (UE) núm. 640/2014.

Artigo 23. Indicadores de resultados

Consideraranse tanto o número de camiños en que se actúa como os km totais mellorados de acordo coa tipoloxía establecida:

Actuación

Previsión

Núm. de camiños mellorados

780

Km de camiños mellorados

850 km

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non disposto nestas normas de xestión, observarase o disposto na seguinte normativa:

a) Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Decreto 149/2018, do 18 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

b) Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

c) Normativa comunitaria:

Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) para efectos da concesión da axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2014ES06RDRP011).

Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao FEMP.

Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1698/2005 do Consello.

Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

Regulamento (UE) núm. 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) núm. 1305/2013.

Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1305/2013.

Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Regulamento delegado (UE) núm. 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) núm. 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Decisión da Comisión do 19.12.2013, relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, en caso de incumprimento das normas en materia de contratación pública.

ANEXO II

Asignacións máximas por concello

A distribución do importe máximo vinculado a esta convocatoria de axudas entre todos os concellos de Galicia realizouse de acordo cos seguintes criterios, consensuados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias:

Asignación total: 11.974.836 €.

Este orzamento distribúese do seguinte xeito:

Asignación fixa por concello: 11.700 €.

Asignación por habitante (*): 8 €.

(*) Habitantes: máximo por concello: 20.000 €.

(*) Habitantes: mínimo por concello: 10.000 €.

Asignación por entidade de poboación: 52 €.

Esta asignación corrixirase cos seguintes coeficientes:

Superficie do concello, S < 50 km2: decrecemento 10 %.

Superficie do concello, 50 < S < 100 km2: sen variación.

Superficie do concello, 100 < S < 200 km2: incremento 10 %.

Superficie do concello, S > 200 km2: incremento 20 %.

Agrariedade, A < 90 %: decrecemento 10 %.

Agrariedade, 90 % <A < 110 %: sen variación.

Agrariedade, A > 110 %: incremento 10 %.

Grao de despoboamento > 20 %: incremento 10 %.

Grao de envellecemento > 33 %: incremento 10 %.

Despoboamento: evolución demográfica. Prímanse os concellos con demografía negativa (habitantes 1999-habitantes 2018)/habitantes 2018.

Envellecemento: distribución en función da porcentaxe de maiores de 65 anos. Prímanse os máis envellecidos (datos 2016).

O coeficiente de agrariedade calcúlase do seguinte xeito:

A = 0,14S + 0,65 Ex + 0,60Eb + 0,10 Rea + 0,05M

S = % superficie total explotacións/superficie total concello.

Ex = % explotacións con SAU/poboación rural.

Eb = % explotacións bovino/poboación rural.

Rea = traballadores afiliados REA/poboación rural.

M = maquinaria en propiedade/poboación rural.

Datos utilizados:

• Entidades singulares de poboación: IGE 2018.

• Superficie dos concellos: IGE 2018.

• Poboación total concellos: IGE 2018.

• Despoboamento: IGE 1999 e 2018.

• Envellecemento: IGE 2016.

En aplicación do Acordo do Consello da Xunta do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, a asignación resultante, logo da aplicación dos criterios de repartición, para os concellos resultantes dun proceso de fusión municipal, incrementarase nun 50 %.

Logo da aplicación dos referidos criterios, os importes máximos para cada concello son os que a seguir se refiren:

Código

Concello

Asignación

Anualidade 2020

Anualidade 2021

15001

Abegondo

42.420,00 €

21.210,00 €

21.210,00 €

15002

Ames

33.865,00 €

16.932,50 €

16.932,50 €

15003

Aranga

51.003,00 €

25.501,50 €

25.501,50 €

15004

Ares

27.235,00 €

13.617,50 €

13.617,50 €

15005

Arteixo

33.818,00 €

16.909,00 €

16.909,00 €

15006

Arzúa

53.835,00 €

26.917,50 €

26.917,50 €

15007

Baña, A

49.322,00 €

24.661,00 €

24.661,00 €

15008

Bergondo

28.878,00 €

14.439,00 €

14.439,00 €

15009

Betanzos

27.404,00 €

13.702,00 €

13.702,00 €

15010

Boimorto

46.010,00 €

23.005,00 €

23.005,00 €

15011

Boiro

33.772,00 €

16.886,00 €

16.886,00 €

15012

Boqueixón

37.330,00 €

18.665,00 €

18.665,00 €

15013

Brión

40.933,00 €

20.466,50 €

20.466,50 €

15014

Cabana de Bergantiños

52.228,00 €

26.114,00 €

26.114,00 €

15015

Cabanas

28.078,00 €

14.039,00 €

14.039,00 €

15016

Camariñas

32.721,00 €

16.360,50 €

16.360,50 €

15017

Cambre

30.437,00 €

15.218,50 €

15.218,50 €

15018

Capela, A

32.830,00 €

16.415,00 €

16.415,00 €

15019

Carballo

57.107,00 €

28.553,50 €

28.553,50 €

15020

Carnota

37.409,00 €

18.704,50 €

18.704,50 €

15021

Carral

30.984,00 €

15.492,00 €

15.492,00 €

15022

Cedeira

40.020,00 €

20.010,00 €

20.010,00 €

15023

Cee

30.823,00 €

15.411,50 €

15.411,50 €

15024

Cerceda

41.629,00 €

20.814,50 €

20.814,50 €

15025

Cerdido

35.319,00 €

17.659,50 €

17.659,50 €

15902

Oza-Cesuras

94.746,00 €

47.373,00 €

47.373,00 €

15027

Coirós

22.375,00 €

11.187,50 €

11.187,50 €

15028

Corcubión

20.179,00 €

10.089,50 €

10.089,50 €

15029

Coristanco

51.952,00 €

25.976,00 €

25.976,00 €

15030

Coruña, A

27.530,00 €

13.765,00 €

13.765,00 €

15031

Culleredo

30.964,00 €

15.482,00 €

15.482,00 €

15032

Curtis

47.292,00 €

23.646,00 €

23.646,00 €

15033

Dodro

26.772,00 €

13.386,00 €

13.386,00 €

15034

Dumbría

47.176,00 €

23.588,00 €

23.588,00 €

15035

Fene

31.363,00 €

15.681,50 €

15.681,50 €

15036

Ferrol

31.244,00 €

15.622,00 €

15.622,00 €

15037

Fisterra

26.688,00 €

13.344,00 €

13.344,00 €

15038

Frades

42.505,00 €

21.252,50 €

21.252,50 €

15039

Irixoa

38.386,00 €

19.193,00 €

19.193,00 €

15040

Laxe

33.391,00 €

16.695,50 €

16.695,50 €

15041

Laracha, A

53.961,00 €

26.980,50 €

26.980,50 €

15042

Lousame

39.160,00 €

19.580,00 €

19.580,00 €

15043

Malpica

38.416,00 €

19.208,00 €

19.208,00 €

15044

Mañón

37.614,00 €

18.807,00 €

18.807,00 €

15045

Mazaricos

53.721,00 €

26.860,50 €

26.860,50 €

15046

Melide

50.249,00 €

25.124,50 €

25.124,50 €

15047

Mesía

58.289,00 €

29.144,50 €

29.144,50 €

15048

Miño

27.951,00 €

13.975,50 €

13.975,50 €

15049

Moeche

33.656,00 €

16.828,00 €

16.828,00 €

15050

Monfero

55.320,00 €

27.660,00 €

27.660,00 €

15051

Mugardos

26.309,00 €

13.154,50 €

13.154,50 €

15052

Muxía

49.252,00 €

24.626,00 €

24.626,00 €

15053

Muros

31.385,00 €

15.692,50 €

15.692,50 €

15054

Narón

37.094,00 €

18.547,00 €

18.547,00 €

15055

Neda

29.384,00 €

14.692,00 €

14.692,00 €

15056

Negreira

43.957,00 €

21.978,50 €

21.978,50 €

15057

Noia

30.142,00 €

15.071,00 €

15.071,00 €

15058

Oleiros

29.299,00 €

14.649,50 €

14.649,50 €

15059

Ordes

52.514,00 €

26.257,00 €

26.257,00 €

15060

Oroso

37.215,00 €

18.607,50 €

18.607,50 €

15061

Ortigueira

77.209,00 €

38.604,50 €

38.604,50 €

15062

Outes

47.984,00 €

23.992,00 €

23.992,00 €

15064

Paderne

37.440,00 €

18.720,00 €

18.720,00 €

15065

Padrón

28.836,00 €

14.418,00 €

14.418,00 €

15066

Pino, O

43.516,00 €

21.758,00 €

21.758,00 €

15067

Pobra do Caramiñal, A

29.931,00 €

14.965,50 €

14.965,50 €

15068

Ponteceso

39.046,00 €

19.523,00 €

19.523,00 €

15069

Pontedeume

28.878,00 €

14.439,00 €

14.439,00 €

15070

Pontes de García Rodríguez, As

48.444,00 €

24.222,00 €

24.222,00 €

15071

Porto do Son

35.363,00 €

17.681,50 €

17.681,50 €

15072

Rianxo

32.695,00 €

16.347,50 €

16.347,50 €

15073

Ribeira

32.087,00 €

16.043,50 €

16.043,50 €

15074

Rois

41.162,00 €

20.581,00 €

20.581,00 €

15075

Sada

28.541,00 €

14.270,50 €

14.270,50 €

15076

San Sadurniño

45.452,00 €

22.726,00 €

22.726,00 €

15077

Santa Comba

51.110,00 €

25.555,00 €

25.555,00 €

15078

Santiago de Compostela

47.377,00 €

23.688,50 €

23.688,50 €

15079

Santiso

40.297,00 €

20.148,50 €

20.148,50 €

15080

Sobrado

51.431,00 €

25.715,50 €

25.715,50 €

15081

Somozas, As

35.695,00 €

17.847,50 €

17.847,50 €

15082

Teo

35.035,00 €

17.517,50 €

17.517,50 €

15083

Toques

35.112,00 €

17.556,00 €

17.556,00 €

15084

Tordoia

51.284,00 €

25.642,00 €

25.642,00 €

15085

Touro

51.813,00 €

25.906,50 €

25.906,50 €

15086

Trazo

42.887,00 €

21.443,50 €

21.443,50 €

15087

Valdoviño

38.171,00 €

19.085,50 €

19.085,50 €

15088

Val do Dubra

53.949,00 €

26.974,50 €

26.974,50 €

15089

Vedra

38.512,00 €

19.256,00 €

19.256,00 €

15090

Vilasantar

36.209,00 €

18.104,50 €

18.104,50 €

15091

Vilarmaior

26.401,00 €

13.200,50 €

13.200,50 €

15092

Vimianzo

49.598,00 €

24.799,00 €

24.799,00 €

15093

Zas

48.975,00 €

24.487,50 €

24.487,50 €

15901

Cariño

34.841,00 €

17.420,50 €

17.420,50 €

27001

Abadín

61.410,00 €

30.705,00 €

30.705,00 €

27002

Alfoz

45.520,00 €

22.760,00 €

22.760,00 €

27003

Antas de Ulla

49.487,00 €

24.743,50 €

24.743,50 €

27004

Baleira

41.803,00 €

20.901,50 €

20.901,50 €

27005

Barreiros

44.146,00 €

22.073,00 €

22.073,00 €

27006

Becerreá

55.167,00 €

27.583,50 €

27.583,50 €

27007

Begonte

54.254,00 €

27.127,00 €

27.127,00 €

27008

Bóveda

35.884,00 €

17.942,00 €

17.942,00 €

27009

Carballedo

58.453,00 €

29.226,50 €

29.226,50 €

27010

Castro de Rei

54.024,00 €

27.012,00 €

27.012,00 €

27011

Castroverde

55.320,00 €

27.660,00 €

27.660,00 €

27012

Cervantes

48.778,00 €

24.389,00 €

24.389,00 €

27013

Cervo

31.572,00 €

15.786,00 €

15.786,00 €

27014

Corgo, O

54.166,00 €

27.083,00 €

27.083,00 €

27015

Cospeito

62.324,00 €

31.162,00 €

31.162,00 €

27016

Chantada

55.660,00 €

27.830,00 €

27.830,00 €

27017

Folgoso do Courel

35.349,00 €

17.674,50 €

17.674,50 €

27018

Fonsagrada, A

73.720,00 €

36.860,00 €

36.860,00 €

27019

Foz

34.472,00 €

17.236,00 €

17.236,00 €

27020

Friol

75.797,00 €

37.898,50 €

37.898,50 €

27021

Xermade

45.549,00 €

22.774,50 €

22.774,50 €

27022

Guitiriz

63.122,00 €

31.561,00 €

31.561,00 €

27023

Guntín

57.908,00 €

28.954,00 €

28.954,00 €

27024

Incio, O

47.027,00 €

23.513,50 €

23.513,50 €

27025

Xove

35.860,00 €

17.930,00 €

17.930,00 €

27026

Láncara

57.832,00 €

28.916,00 €

28.916,00 €

27027

Lourenzá

41.624,00 €

20.812,00 €

20.812,00 €

27028

Lugo

66.829,00 €

33.414,50 €

33.414,50 €

27029

Meira

27.427,00 €

13.713,50 €

13.713,50 €

27030

Mondoñedo

54.254,00 €

27.127,00 €

27.127,00 €

27031

Monforte de Lemos

52.199,00 €

26.099,50 €

26.099,50 €

27032

Monterroso

45.593,00 €

22.796,50 €

22.796,50 €

27033

Muras

41.895,00 €

20.947,50 €

20.947,50 €

27034

Navia de Suarna

35.645,00 €

17.822,50 €

17.822,50 €

27035

Negueira de Muñiz

25.586,00 €

12.793,00 €

12.793,00 €

27037

Nogais, As

29.655,00 €

14.827,50 €

14.827,50 €

27038

Ourol

49.205,00 €

24.602,50 €

24.602,50 €

27039

Outeiro de Rei

48.613,00 €

24.306,50 €

24.306,50 €

27040

Palas de Rei

57.107,00 €

28.553,50 €

28.553,50 €

27041

Pantón

61.791,00 €

30.895,50 €

30.895,50 €

27042

Paradela

41.295,00 €

20.647,50 €

20.647,50 €

27043

Páramo, O

31.288,00 €

15.644,00 €

15.644,00 €

27044

Pastoriza, A

49.431,00 €

24.715,50 €

24.715,50 €

27045

Pedrafita do Cebreiro

32.551,00 €

16.275,50 €

16.275,50 €

27046

Pol

41.314,00 €

20.657,00 €

20.657,00 €

27047

Pobra do Brollón, A

36.590,00 €

18.295,00 €

18.295,00 €

27048

Pontenova, A

41.624,00 €

20.812,00 €

20.812,00 €

27049

Portomarín

35.303,00 €

17.651,50 €

17.651,50 €

27050

Quiroga

40.919,00 €

20.459,50 €

20.459,50 €

27051

Ribadeo

46.383,00 €

23.191,50 €

23.191,50 €

27052

Ribas de Sil

21.636,00 €

10.818,00 €

10.818,00 €

27053

Ribeira de Piquín

26.044,00 €

13.022,00 €

13.022,00 €

27054

Riotorto

28.164,00 €

14.082,00 €

14.082,00 €

27055

Samos

34.616,00 €

17.308,00 €

17.308,00 €

27056

Rábade

23.444,00 €

11.722,00 €

11.722,00 €

27057

Sarria

66.435,00 €

33.217,50 €

33.217,50 €

27058

Saviñao, O

60.119,00 €

30.059,50 €

30.059,50 €

27059

Sober

50.171,00 €

25.085,50 €

25.085,50 €

27060

Taboada

49.934,00 €

24.967,00 €

24.967,00 €

27061

Trabada

33.933,00 €

16.966,50 €

16.966,50 €

27062

Triacastela

25.529,00 €

12.764,50 €

12.764,50 €

27063

Valadouro, O

45.123,00 €

22.561,50 €

22.561,50 €

27064

Vicedo, O

32.200,00 €

16.100,00 €

16.100,00 €

27065

Vilalba

78.086,00 €

39.043,00 €

39.043,00 €

27066

Viveiro

46.866,00 €

23.433,00 €

23.433,00 €

27901

Baralla

54.025,00 €

27.012,50 €

27.012,50 €

27902

Burela

25.719,00 €

12.859,50 €

12.859,50 €

32001

Allariz

32.555,00 €

16.277,50 €

16.277,50 €

32002

Amoeiro

28.138,00 €

14.069,00 €

14.069,00 €

32003

Arnoia, A

22.287,00 €

11.143,50 €

11.143,50 €

32004

Avión

28.563,00 €

14.281,50 €

14.281,50 €

32005

Baltar

24.728,00 €

12.364,00 €

12.364,00 €

32006

Bande

30.237,00 €

15.118,50 €

15.118,50 €

32007

Baños de Molgas

33.067,00 €

16.533,50 €

16.533,50 €

32008

Barbadás

32.241,00 €

16.120,50 €

16.120,50 €

32009

Barco de Valdeorras, O

36.390,00 €

18.195,00 €

18.195,00 €

32010

Beade

21.586,00 €

10.793,00 €

10.793,00 €

32011

Beariz

24.651,00 €

12.325,50 €

12.325,50 €

32012

Blancos, Os

22.513,00 €

11.256,50 €

11.256,50 €

32013

Boborás

38.045,00 €

19.022,50 €

19.022,50 €

32014

Bola, A

27.826,00 €

13.913,00 €

13.913,00 €

32015

Bolo, O

25.472,00 €

12.736,00 €

12.736,00 €

32016

Calvos de Randín

24.900,00 €

12.450,00 €

12.450,00 €

32017

Carballeda de Valdeorras

28.192,00 €

14.096,00 €

14.096,00 €

32018

Carballeda de Avia

21.241,00 €

10.620,50 €

10.620,50 €

32019

Carballiño, O

32.695,00 €

16.347,50 €

16.347,50 €

32020

Cartelle

30.823,00 €

15.411,50 €

15.411,50 €

32021

Castrelo do Val

27.264,00 €

13.632,00 €

13.632,00 €

32022

Castrelo de Miño

25.597,00 €

12.798,50 €

12.798,50 €

32023

Castro Caldelas

29.858,00 €

14.929,00 €

14.929,00 €

32024

Celanova

34.754,00 €

17.377,00 €

17.377,00 €

32025

Cenlle

25.160,00 €

12.580,00 €

12.580,00 €

32026

Coles

31.951,00 €

15.975,50 €

15.975,50 €

32027

Cortegada

19.304,00 €

9.652,00 €

9.652,00 €

32028

Cualedro

32.762,00 €

16.381,00 €

16.381,00 €

32029

Chandrexa de Queixa

34.436,00 €

17.218,00 €

17.218,00 €

32030

Entrimo

20.279,00 €

10.139,50 €

10.139,50 €

32031

Esgos

21.095,00 €

10.547,50 €

10.547,50 €

32032

Xinzo de Limia

49.000,00 €

24.500,00 €

24.500,00 €

32033

Gomesende

20.441,00 €

10.220,50 €

10.220,50 €

32034

Gudiña, A

23.059,00 €

11.529,50 €

11.529,50 €

32035

Irixo, O

35.666,00 €

17.833,00 €

17.833,00 €

32036

Xunqueira de Ambía

30.753,00 €

15.376,50 €

15.376,50 €

32037

Xunqueira de Espadanedo

24.764,00 €

12.382,00 €

12.382,00 €

32038

Larouco

21.740,00 €

10.870,00 €

10.870,00 €

32039

Laza

28.694,00 €

14.347,00 €

14.347,00 €

32040

Leiro

21.676,00 €

10.838,00 €

10.838,00 €

32041

Lobeira

25.357,00 €

12.678,50 €

12.678,50 €

32042

Lobios

28.540,00 €

14.270,00 €

14.270,00 €

32043

Maceda

42.006,00 €

21.003,00 €

21.003,00 €

32044

Manzaneda

28.082,00 €

14.041,00 €

14.041,00 €

32045

Maside

34.535,00 €

17.267,50 €

17.267,50 €

32046

Melón

28.120,00 €

14.060,00 €

14.060,00 €

32047

Merca, A

29.550,00 €

14.775,00 €

14.775,00 €

32048

Mezquita, A

26.886,00 €

13.443,00 €

13.443,00 €

32049

Montederramo

38.166,00 €

19.083,00 €

19.083,00 €

32050

Monterrei

43.369,00 €

21.684,50 €

21.684,50 €

32051

Muíños

34.595,00 €

17.297,50 €

17.297,50 €

32052

Nogueira de Ramuín

28.793,00 €

14.396,50 €

14.396,50 €

32053

Oímbra

33.120,00 €

16.560,00 €

16.560,00 €

32054

Ourense

35.222,00 €

17.611,00 €

17.611,00 €

32055

Paderne de Allariz

22.950,00 €

11.475,00 €

11.475,00 €

32056

Padrenda

25.844,00 €

12.922,00 €

12.922,00 €

32057

Parada de Sil

31.928,00 €

15.964,00 €

15.964,00 €

32058

Pereiro de Aguiar, O

31.432,00 €

15.716,00 €

15.716,00 €

32059

Peroxa, A

40.879,00 €

20.439,50 €

20.439,50 €

32060

Petín

21.931,00 €

10.965,50 €

10.965,50 €

32061

Piñor

32.966,00 €

16.483,00 €

16.483,00 €

32062

Porqueira

27.863,00 €

13.931,50 €

13.931,50 €

32063

Pobra de Trives, A

40.356,00 €

20.178,00 €

20.178,00 €

32064

Pontedeva

21.727,00 €

10.863,50 €

10.863,50 €

32065

Punxín

23.027,00 €

11.513,50 €

11.513,50 €

32066

Quintela de Leirado

25.330,00 €

12.665,00 €

12.665,00 €

32067

Rairiz de Veiga

30.482,00 €

15.241,00 €

15.241,00 €

32068

Ramirás

28.372,00 €

14.186,00 €

14.186,00 €

32069

Ribadavia

26.351,00 €

13.175,50 €

13.175,50 €

32070

San Xoán de Río

29.969,00 €

14.984,50 €

14.984,50 €

32071

Riós

39.074,00 €

19.537,00 €

19.537,00 €

32072

Rúa, A

25.845,00 €

12.922,50 €

12.922,50 €

32073

Rubiá

35.461,00 €

17.730,50 €

17.730,50 €

32074

San Amaro

30.355,00 €

15.177,50 €

15.177,50 €

32075

San Cibrao das Viñas

27.362,00 €

13.681,00 €

13.681,00 €

32076

San Cristovo de Cea

38.056,00 €

19.028,00 €

19.028,00 €

32077

Sandiás

30.512,00 €

15.256,00 €

15.256,00 €

32078

Sarreaus

30.501,00 €

15.250,50 €

15.250,50 €

32079

Taboadela

25.122,00 €

12.561,00 €

12.561,00 €

32080

Teixeira, A

22.770,00 €

11.385,00 €

11.385,00 €

32081

Toén

35.022,00 €

17.511,00 €

17.511,00 €

32082

Trasmiras

26.026,00 €

13.013,00 €

13.013,00 €

32083

Veiga, A

37.151,00 €

18.575,50 €

18.575,50 €

32084

Verea

31.651,00 €

15.825,50 €

15.825,50 €

32085

Verín

32.310,00 €

16.155,00 €

16.155,00 €

32086

Viana do Bolo

49.955,00 €

24.977,50 €

24.977,50 €

32087

Vilamarín

31.412,00 €

15.706,00 €

15.706,00 €

32088

Vilamartín de Valdeorras

24.178,00 €

12.089,00 €

12.089,00 €

32089

Vilar de Barrio

34.752,00 €

17.376,00 €

17.376,00 €

32090

Vilar de Santos

22.101,00 €

11.050,50 €

11.050,50 €

32091

Vilardevós

35.690,00 €

17.845,00 €

17.845,00 €

32092

Vilariño de Conso

36.071,00 €

18.035,50 €

18.035,50 €

36001

Arbo

31.490,00 €

15.745,00 €

15.745,00 €

36002

Barro

32.955,00 €

16.477,50 €

16.477,50 €

36003

Baiona

30.376,00 €

15.188,00 €

15.188,00 €

36004

Bueu

33.821,00 €

16.910,50 €

16.910,50 €

36005

Caldas de Reis

38.655,00 €

19.327,50 €

19.327,50 €

36006

Cambados

33.923,00 €

16.961,50 €

16.961,50 €

36007

Campo Lameiro

31.167,00 €

15.583,50 €

15.583,50 €

36008

Cangas

33.566,00 €

16.783,00 €

16.783,00 €

36009

Cañiza, A

60.395,00 €

30.197,50 €

30.197,50 €

36010

Catoira

32.547,00 €

16.273,50 €

16.273,50 €

36902

Cerdedo-Cotobade

81.098,00 €

40.549,00 €

40.549,00 €

36013

Covelo

53.721,00 €

26.860,50 €

26.860,50 €

36014

Crecente

32.051,00 €

16.025,50 €

16.025,50 €

36015

Cuntis

39.160,00 €

19.580,00 €

19.580,00 €

36016

Dozón

32.689,00 €

16.344,50 €

16.344,50 €

36017

Estrada, A

95.148,00 €

47.574,00 €

47.574,00 €

36018

Forcarei

54.406,00 €

27.203,00 €

27.203,00 €

36019

Fornelos de Montes

29.329,00 €

14.664,50 €

14.664,50 €

36020

Agolada

56.994,00 €

28.497,00 €

28.497,00 €

36021

Gondomar

35.878,00 €

17.939,00 €

17.939,00 €

36022

Grove, O

32.700,00 €

16.350,00 €

16.350,00 €

36023

Guarda, A

32.904,00 €

16.452,00 €

16.452,00 €

36024

Lalín

78.454,00 €

39.227,00 €

39.227,00 €

36025

Lama, A

45.261,00 €

22.630,50 €

22.630,50 €

36026

Marín

31.905,00 €

15.952,50 €

15.952,50 €

36027

Meaño

34.076,00 €

17.038,00 €

17.038,00 €

36028

Meis

40.304,00 €

20.152,00 €

20.152,00 €

36029

Moaña

27.025,00 €

13.512,50 €

13.512,50 €

36030

Mondariz

38.202,00 €

19.101,00 €

19.101,00 €

36031

Mondariz-Balneario

17.703,00 €

8.851,50 €

8.851,50 €

36032

Moraña

28.794,00 €

14.397,00 €

14.397,00 €

36033

Mos

35.347,00 €

17.673,50 €

17.673,50 €

36034

Neves, As

41.113,00 €

20.556,50 €

20.556,50 €

36035

Nigrán

35.860,00 €

17.930,00 €

17.930,00 €

36036

Oia

36.277,00 €

18.138,50 €

18.138,50 €

36037

Pazos de Borbén

32.547,00 €

16.273,50 €

16.273,50 €

36038

Pontevedra

49.996,00 €

24.998,00 €

24.998,00 €

36039

Porriño, O

42.449,00 €

21.224,50 €

21.224,50 €

36040

Portas

37.636,00 €

18.818,00 €

18.818,00 €

36041

Poio

34.433,00 €

17.216,50 €

17.216,50 €

36042

Ponteareas

44.613,00 €

22.306,50 €

22.306,50 €

36043

Ponte Caldelas

30.262,00 €

15.131,00 €

15.131,00 €

36044

Pontecesures

31.732,00 €

15.866,00 €

15.866,00 €

36045

Redondela

38.882,00 €

19.441,00 €

19.441,00 €

36046

Ribadumia

36.277,00 €

18.138,50 €

18.138,50 €

36047

Rodeiro

57.527,00 €

28.763,50 €

28.763,50 €

36048

Rosal, O

30.376,00 €

15.188,00 €

15.188,00 €

36049

Salceda de Caselas

32.554,00 €

16.277,00 €

16.277,00 €

36050

Salvaterra de Miño

37.843,00 €

18.921,50 €

18.921,50 €

36051

Sanxenxo

36.930,00 €

18.465,00 €

18.465,00 €

36052

Silleda

65.293,00 €

32.646,50 €

32.646,50 €

36053

Soutomaior

29.032,00 €

14.516,00 €

14.516,00 €

36054

Tomiño

46.320,00 €

23.160,00 €

23.160,00 €

36055

Tui

39.259,00 €

19.629,50 €

19.629,50 €

36056

Valga

34.025,00 €

17.012,50 €

17.012,50 €

36057

Vigo

57.221,00 €

28.610,50 €

28.610,50 €

36058

Vilaboa

34.229,00 €

17.114,50 €

17.114,50 €

36059

Vila de Cruces

47.229,00 €

23.614,50 €

23.614,50 €

36060

Vilagarcía de Arousa

37.491,00 €

18.745,50 €

18.745,50 €

36061

Vilanova de Arousa

31.164,00 €

15.582,00 €

15.582,00 €

36901

Illa de Arousa, A

31.783,00 €

15.891,50 €

15.891,50 €

 

Total

11.974.836,00 €

5.987.418,00 €

5.987.418,00 €

ANEXO III

Modelo de resolución de concesión de axuda

Resolución do director xeral de Agader, do... de... de 2020, pola que se concede ao Concello de... unha axuda ao abeiro do Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

O 19 de decembro de 2019, o director xeral de Agader aprobou a resolución para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 prevé, na ficha correspondente á submedida 4.3, o apoio a investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura. Especificamente, inclúe a promoción dos investimentos en infraestruturas relacionadas coas explotacións e, en particular, a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias, incidindo directamente na área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola).

Dentro do ámbito competencial da Agader, o citado plan constitúe o instrumento específico de planificación e xustificación das actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal, a través de axudas instrumentadas segundo o procedemento de concesión previsto no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei (procedemento de concesión directa das axudas a través de resolución).

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e fundamentada en razóns de interese público que redundan en beneficio de todos os concellos de Galicia, co obxectivo último de xerar cohesión social e territorial e mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural e contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal e mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

Para o financiamento do citado plan está prevista unha dotación orzamentaria de 11.974.836 €, con cargo á conta orzamentaria dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008), distribuída entre todos os concellos de Galicia con base nuns criterios obxectivos, públicos e previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Mediante o Acordo do 19 de decembro de 2019 o Consello da Xunta de Galicia autorizou á Agader a concesión directa das axudas tramitadas ao abeiro do Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

De acordo co anterior, logo da instrución do procedemento nos termos previstos no plan, e por proposta da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural, o director xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013, pola que se fai pública a delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral da Agader, DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro. Concederlle ao Concello de... unha axuda por importe de... €, ao abeiro do Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, coa seguinte distribución por anualidades:

2020

2021

Aplicación orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (cód. proxecto 2016-00008)

Esta actuación está cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da submedida 4.3 Investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura, coa seguinte distribución de fondos:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (75 %)

Xunta (17,5 %)

MAPA (7,5 %)

2020

2021

Totais

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, con fundamento no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Segundo. O procedemento de xestión das subvencións, así como o réxime de xustificación dos investimentos subvencionables, é o referido na Resolución do 19 de decembro de 2019 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

Terceiro. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2020 será o 18 de setembro de 2020. O feito de non xustificar correctamente esta anualidade suporá a perda parcial do dereito ao cobramento da axuda polo importe non xustificado.

O prazo final de execución e xustificación será o 4 de xuño de 2021.

A xustificación documental dos investimentos realizarase nos termos previstos no artigo 12 do anexo I da Resolución do 19 de decembro de 2019 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

Cuarto. O réxime de pagamentos será o establecido no artigo 18 do anexo I da Resolución do 19 de decembro de 2019 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

Quinto. Con carácter xeral, son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras incluídas neste plan deberán ter unha garantía de mantemento de, cando menos, 5 anos, contados desde a data de pagamento final da axuda. Serán por conta do Concello os custos necesarios para a súa conservación. O Concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Comunicar á Agader a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

h) Deberase publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia; en particular, do seguinte xeito:

– Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión do seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Ao mesmo tempo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. O panel será de material resistente e ríxido, e deberá estar colocado ata o momento da realización da visita in situ.

– No caso de que o Concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar Agader, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade cos artigos 24 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, e en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, deberán proporcionarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa.

k) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados ao amparo desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

l) Cando o Concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo V.

Sexto. Esta operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pago para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan marco serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Sétimo. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de mora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

Os beneficiarios das axudas, se é o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG, desenvolvido no título VI do RLSG.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file