Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 8845

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se realicen no sector do libro no 2020, e se procede á súa convocatoria para o dito ano (código de procedemento CT221A).

BDNS (Identif.): 494489.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdns/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde, as persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademáis, os seguintes requisitos debidamente acreditados:

a) Terse inscrito e asistido a nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro no prazo establecido na presente convocatoria.

b) Que acrediten o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

c) Ter publicado obra en Galicia ben como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, para a que se solicita a subvención, nos tres anos anteriores á publicación da presente orde.

2. En todo caso, estarán suxeitas ás limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.

3. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades de dito sector que se celebren no ano 2020 (código do procedemento CT221A).

Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte, que permitan a asistencia as seguintes actividades realizadas no sector do libro: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.

2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se realicen no sector do libro no 2020, e se procede á súa convocatoria para o dito ano.

Cuarto. Importe

1. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.770.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por un importe de 30.000,00 €.

2. O financiamento dos gastos da viaxe son os referidos ao aloxamento e transporte e terán o seguinte importe por ámbito xeográfico de destino, sempre que se xustifique:

– España, agás a Comunidade Autónoma galega: 250 €.

– Resto da Unión Europea: 600 €.

– Fóra da Unión Europea: 1.500 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2020 (inclusive).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo