Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212), de clave: OU/19/024.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Antecedentes:

Mediante resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 11 de novembro de 2019 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción do acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212), de clave: OU/19/024.06.

O proxecto considerado ten como obxectivo fundamental executar a conexión da estrada interior de acceso ao parque empresarial de Lebozán (concello de Beariz) coa estrada OU-212, entre os puntos quilométricos (pp.qq.) 1+542 e 1+771 na súa marxe esquerda, coa finalidade de darlle operatividade ao parque.

Esta conexión reflicte a proposta recollida no Plan especial de creación de solo industrial no concello de Beariz, provincia de Ourense, e desenvolve a solución prevista no informe de sustentabilidade ambiental do citado plan especial.

As actuacións que se recollen no proxecto son as seguintes:

• Deseño dunha intersección que permite todos os movementos con cuñas de aceleración e deceleración e un carril central de espera para os xiros desde a OU-212 cara ao futuro parque empresarial.

• Realización das correspondentes obras de drenaxe superficial.

• Mellora do firme e renovación da sinalización horizontal e vertical, do balizamento e das defensas.

• Obras complementarias: execución dunha canalización, baixo a berma, para nun futuro darlle continuidade á iluminación viaria do parque empresarial.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense), na Casa do Concello de Beariz (rúa San Pedro, 2, 32520 Beariz, Ourense). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción do acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212).

Clave: OU/19/024.06.

Concello de Beariz.

Núm. parcela

Referencia catastral

Titular

Superficie que se vai expropiar (m²)

Tipo de solo

1

32012A018014950000UU

Veciños de Lebozán e Busto

212,0

Rústico

2

32012A018014960000UH

Veciños de Lebozán e Busto

2.037,0

Rústico

3

32012A018014970000UW

Veciños de Lebozán e Busto

209,0

Rústico

4

32012A019000990000UF

Herdeiros de María Lorenzo Lorenzo

1,5

Rústico

5

32012A019001000000UF

Sara Ogando Gulias

16,5

Rústico

6

32012A018090280000UI

Concello de Beariz

74,5

Rústico