Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019089TA-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de novembro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019089TA-OU incoado ao titular do DNI 34924415L e enderezo na avenida de Portugal, 59B-2º-C, 32002 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 34924415L e enderezo na avenida de Portugal, 59B-2º-C, 32002 Ourense, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 21 de xaneiro de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2019089TA-OU.

DNI/NIF/CIF: DNI 34924415L.

Último enderezo coñecido: avenida de Portugal, 59B, 2º-C, 32002 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7.u), artigo 19.3.b), disposición adicional 3ª, artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: seiscentos setenta e seis euros (676 €).