Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promova de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 13 de xaneiro de 2020
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
Resolución |
PR204A 2019/4064-2 |
34281195V |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/4421-2 |
38449682F |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/4552-2 |
33998907P |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/4710-2 |
33350600W |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/4898-2 |
35590712Y |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/4920-2 |
34309790T |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/4949-2 |
X1529952S |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/5132-2 |
52615475P |
Denegatoria do dereito |