Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/3717-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promova, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 13 de xaneiro de 2020

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2019/3717-2

Leonel Antonio Guzmán Mieses

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4360-2

Moses Polo López

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4367-2

María Carmen Crespo Prieto

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4371-2

José Antonio Díaz Lamelas

Denegatoria do dereito

PR204A 2019/4373-2

Alsera

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4633-2

Ángela Elvira Varela Roca

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4634-2

Oliver Sarmiento Tapia

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4636-2

Alejandro Manuel Fernández Peña

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4637-2

Alejandro Manuel Fernández Peña

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4664-2

Virginia Bienvenida Veras Capellán

Denegatoria do dereito

PR204A 2019/4823-2

Yesica Rodríguez Lagos

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/5093-2

Jessica Castillo Pajares

Recoñecemento do dereito