Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorgou o permiso e concesión de actividade para a instalación dun establecemento de acuicultura (criadeiro de moluscos bivalvos) no lugar de Vilanova, O Hío, no termo municipal de Cangas.

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que mediante a Resolución do 27 de xaneiro de 2020 se outorgou o permiso e concesión de actividade para a instalación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Tipo de establecemento: criadeiro de moluscos bivalvos.

Titular do permiso de actividade: Manuel Fernández Morán (***7098**).

Prazo de outorgamento: dez anos, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de corenta anos.

Localización: lugar de Vilanova, O Hío, no termo municipal de Cangas.

Especies autorizadas: ostra xaponesa ou rizada, ameixa babosa, ameixa xaponesa e ameixa fina.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica