Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os expedientes sancionadores por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en Galicia en materia de política industrial (expediente PO 10/2019-RGT e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non foi posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma é facultativa.

Polo anterior, e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, por medio deste anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201, en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 16 de xaneiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

Expediente

Acto

Concello

Construcciones Hermanos Veiga, S.L.

PO 10/2019-RGT

Resolución

Redondela

Hermanitas Ancianos Desamparados

PO 29/2019-RAE

Resolución

Pontevedra

José Ramón Crespo López

PO 42/2019-RAE

Acordo de inicio

Marín

Cdade. Prop. Edificio Juan Carlos I

PO 43/2019-RAE

Acordo de inicio

Vilagarcía de Arousa

Cdade. Prop. Benito Corbal, 27

PO 45/2019-RAE

Acordo de inicio

Pontevedra

Cdade. Gral. Prop. Vista Alegre, 25

PO 54/2019-RAE

Acordo de inicio

Vilagarcía de Arousa

Cdade. Prop. Urzaiz, 124

PO 57/2019-RAE

Acordo de inicio

Vigo

Cdade. Prop. García Barbón, 93

PO 58/2019-RAE

Acordo de inicio

Vigo

Cdade. Prop. Avenida Castelao, 47

PO 59/2019-RAE

Acordo de inicio

Vigo

Cdade. Prop. Avenida Vigo, 216

PO 61/2019-RAE

Acordo de inicio

Vigo