Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre desistencia dun procedemento expropiatorio no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase por comparecencia ás persoas sinaladas no cadro anexo a tramitación dunha solicitude de desistencia dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria Ferroatlántica, S.A.U.

A comparecencia deberase realizar no prazo de dez días, contados desde a publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Sección de Expropiacións), sita na rúa Vicente Ferrer, 22-2º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a vernes.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 13 de xaneiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2014/196-1.

Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle.

Concello: Dumbría.

Predios

Titularidade

73, 81, 82 e 83

Ángel Regueira Arias

98

Rosa Quintáns Lema