Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7365

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508B).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2019, a través da Orde do 24 de xuño de 2019, as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2019. Esta data foi ampliada en virtude da Orde do 17 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 202, do 23 de outubro), que establece como data límite para a presentación da xustificación o día 30 de novembro de 2019.

Así mesmo, no número 1 do artigo 16 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento para as entidades de acción voluntaria beneficiarias.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 17 da dita orde indica que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establece que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as xustificacións que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co artigo 17.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei (9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria enmarcadas no programa de fomento e realización de actividades de voluntariado

Nº de expediente

Solicitante

NIF

da entidade

Documentación requirida

508B 2019/007

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, Aspas

G15031537

– Achegar xustificantes de pagamento das nóminas, do modelo 111 do 3º trimestre e das facturas nº 143, fS514 e 198

– Achegar TC1, TC2 e xustificante de pagamento do TC1 do mes de outubro

– Corrixir o gasto da nómina de outubro acorde ao artigo 16.1.d.4º

– Anexo III: corrixir e indicar gasto total

– Anexo II: adaptar aos cambios do anexo III

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III

BS508B 2019/009

Asociación de Viudas María Andrea de Ourense

G32014334

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas, facturas orixinais e recibo orixinal da voluntaria (artigo 16.1.d)

– Achegar acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade (artigo 16.1.d.1º)

BS508B 2019/010

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/013

Fundación Ronsel

G15752660

– Anexo II e anexo III: enviar debidamente asinados

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III (artigo 16.1.b)

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas xuntos cos boletíns oficiais de cotización á Seguridade Social (artigo 16.1.d.4º)

– Achegar documentación xustificativa de pagamento do modelo 111 do 3º trimestre

– Presentar facturas orixinais (artigo 16.1.d.1º e 2º)

BS508B 2019/018

Cooperación Internacional

G80829641

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/021

Fundación Amigos de los Mayores

G83625509

– Memoria de actividades realizadas (artigo 16.1º)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

– Achegar toda a documentación do anexo III conforme o establecido no artigo 16.1.d)

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e os boletíns oficiais de cotización xunto coa documentación xustificativa de pagamento e os modelos 111 (artigo 16.1.d.4º)

– Presentar facturas orixinais (artigo 16.1.d) xunto coa documentación xustificativa do pagamento (artigo 16.1.1º)

BS508B 2019/027

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, Fagal

G15656739

– Anexo II

– Anexo III, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Anexo IV

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2019/029

Comunidade de Montes de Teis

V36841047

– Anexos II, III e IV: enviar completos e debidamente asinados

– Anexo III: enviar xunto coa documentación establecida no artigo16.1.d): facturas orixinais e documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas. No caso de pagamentos con tarxeta de crédito/débito, achegar a acreditación da titularidade e da súa asociación á conta da entidade (artigo 16.1.d.1º)

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

BS508B 2019/035

Fundación Abrente

G70397849

– Anexo III: debidamente cuberto e acorde coa solicitude, corrixir gasto seguro RC 2018, detallar «gasto actividade», revisar gasto total e achegar a documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Presentar facturas orixinais (artigo 16.1.d)

– Presentar xustificante de pagamento do seguro de RC do ano 2019, xustificante de pagamento da factura 0034/2019 e os correspondentes a «gastos actividade»

– Memoria económica: acorde co artigo 16.1.b) e co anexo III

– Anexo II: adaptar aos cambios do anexo III

BS508B 2019/039

Asociación Alcer-Coruña, para a Loita contra as Enfermidades do Ril

G15058647

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/042

Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico

G94088549

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/045

Asociación Mirabal

G70312954

– Anexo III: corrixir acorde cos xustificantes dos gastos presentados e acorde coa solicitude

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III

– Anexo II: adaptar aos cambios do anexo III

BS508B 2019/047

Agrupación Xuvenil, Socio Cultural, Recreativa y Deportiva Brigantium

G15404403

– Anexo II

– Anexo III, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Anexo IV

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2019/050

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado, detallar «nóminas-costes varios meses» e, de ser o caso, os gastos de manutención e desprazamento das persoas voluntarias, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d) e indicar gasto total acorde coa memoria económica

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas, recibo orixinal dos gastos de manutención e desprazamento xunto co correspondente xustificante bancario de pagamento e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

– Xustificante de pagamento das nóminas de xullo, TC2, e se computan importe bruto: TC1, modelo 111 do 3º trimestre e os correspondentes xustificantes de pagamento (artigo 16.1.d.4º)

– Factura e xustificante e pagamento do concepto «compra de material»

BS508B 2019/052

Asociación Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico

G36999712

– Anexo II

– Anexo III, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Anexo IV

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2019/054

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d), revisar a cantidade do gasto total para que sexa acorde co anexo II e coa memoria económica e revisar a cantidade do gasto computable nas actividades do PEVX para que a porcentaxe se corresponda co mínimo indicado no artigo 7

– Póliza do seguro de responsabilidade civil e xustificante de pagamento

– Rectificar no anexo III e memoria económica o importe das nóminas de outubro, eliminando a parte correspondente ao IRPF

BS508B 2019/055

Fundación Juan Soñador

G24452435

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

– Presentar os xustificantes de pagamento do seguro de responsabilidade civil para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

– Nómina, TC2, TC1 e xustificante de pagamento do TC1 do mes de outubro de E.I.L.

– Xustificante de pagamento da nómina do mes de xullo, TC2, TC1 e xustificante de pagamento do TC1 do mes de xullo de V.A.O.

– Xustificante de pagamento do modelo 111 do terceiro trimestre

BS508B 2019/057

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas dos meses de xullo e agosto e da paga extra (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/062

Asociación Cultural O Castro

G36116879

– Anexo III: debidamente asinado

– Memoria económica: adaptar ao anexo III

– Presentar facturas orixinais (artigo 16.1.d)

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

– Emenda da denominación da convocatoria de subvención

BS508B 2019/063

Asociación Síndrome de Down de A Coruña

G15731466

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/073

Asociación de Vecinos Afectados por Infraestructuras en el Municipio de Cambre

G15928088

– Anexo II

– Anexo III, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Anexo IV

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2019/075

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

– Presentar facturas orixinais e recibos orixinais dos gastos de manutención e desprazamento (artigo 16.1.d)

– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (artigo 16.1.d)

– Achegar acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade (artigo 16.1.d.1º)

BS508B 2019/078

Asociación Tesouros de Galicia

G94065000

– Anexo II

– Anexo III, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Anexo IV

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2019/092

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas, facturas orixinais e recibo orixinal dos gastos de manutención e desprazamento asinado pola voluntaria e pola entidade (artigo 16.1.d)

– Xustificante de pagamento do TC1 do mes de outubro (artigo 16.1.d.4º)

BS508B 2019/095

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

– Achegar TC1 e TC2 do mes de xaneiro e modelo 111 do primeiro trimestre

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

BS508B 2019/096

Asociación Xuvenil Abertal

G36633394

– Anexo III: corrixir gasto total acorde coa solicitude e a memoria económica

BS508B 2019/098

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Anexo II

– Anexo III, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d)

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)

– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2019/099

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 16.1.d)

– Presentar a documentación establecida no artigo 16.1.d)