Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2020 Páx. 7258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de nomeamento de arquitecto técnico.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, por proposta do tribunal cualificador das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público do ano 2010, o nomeamento de funcionario de carreira, para a seguinte praza, a favor da persoa que a continuación se relaciona:

– Persoal funcionario:

• Escala: Administración especial. Subescala técnica. Clase técnico medio. Denominación: arquitecto técnico.

Jacobo Lusquiños Otero con DNI ****2530*.

Baiona, 3 de xaneiro de 2020

Carlos Gómez Prado
Alcalde