Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2020 Páx. 7259

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación da restauración do altar e reixas de prata da capela maior da catedral de Santiago de Compostela.

Orzamento de contrata: 135.455,87 € (IVE incluído).

Prazo de execución: 5 meses.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratación ou ben, contactando coa Fundación Catedral de Santiago de Compostela (tfno: 981 56 93 27) logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de 15 días hábiles desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela