Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 254/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 254/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Villamor Pérez contra Cervecom Cervecería de Santiago, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza 437/2019, do 13 de setembro, ditada no procedemento ordinario 432/2018 a favor da parte executante, Marcos Villamor Pérez, fronte a Cervecom Cervecería de Santiago, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 491,81 euros en concepto de principal (427,51 euros en concepto de horas extraordinarias, 64,30 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior) máis outros 49,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Cervecom Cervecería de Santiago, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Marcos Villamor Pérez, e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza