Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5822

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (PO 15/2018).

Eu, María Isabel Parajó Martínez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, fago saber que neste órgano xudicial se seguen autos de procedemento ordinario 15/2018 en que se ditou a Sentenza do 7 de novembro de 2019 contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, e ao non ser coñecido o domicilio da demandada, I.C. Contratas y Desarrollos Urbanos, S.L., en virtude do establecido nos artigos 496 e 497 da Lei de axuizamento civil (LAC), notifícaselle a dita resolución por medio deste edicto que se publica no boletín oficial da Comunidade Autónoma e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Ao encontrarse a dita demandada, I.C. Contratas y Desarrollos Urbanos, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Noia, 11 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza