Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5816

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2020 pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a xestor de sistemas, especialidade programación, grupo II, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2019 (DOG do 10 de outubro) convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a xestor de sistemas, especialidade programación, grupo II, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, e no seu punto 5.1 establécese que o tribunal cualificador será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear o seguinte tribunal cualificador:

Tribunal titular:

Presidente: Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– María Josefa do Pazo Oubiña, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Fernando Tabernero Duque, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Antonio Luis Llamas Sáiz, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria: María del Carmen Ríos López, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente: José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– María José Cabanas Rodríguez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Roberto David Castro Sieiro, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria: María Jesús Pazos Salvado, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado