Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 26 de decembro de 2019, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación efectuado polo persoal da Inspección do Transporte Terrestre (expediente XC-02138-O-2019).

O artigo 33.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, establece que os titulares dos servizos e actividades de transporte, os titulares de empresas en cuxas actividades se realicen actividades de transporte terrestre ou relacionadas con este, así como quen ocupe a posición de cargador ou remitente, mero expedidor ou destinatario ou consignatario do transporte de mercadorías, os usuarios do transporte de viaxeiros e, en xeral, as persoas afectadas polo seus preceptos estarán obrigados a facilitar ao persoal da Inspección do Transporte Terrestre, no exercicio das súas funcións, o exame dos documentos, libros de contabilidade, facturas, títulos de transporte e datos estatísticos que estean obrigados a levar, así como calquera outra información relativa ás condicións de prestación dos servizos realizados que resulte necesaria para verificar o cumprimento das obrigas contidas na lexislación de transportes. Así mesmo, dispón que os servizos de inspección do transporte terrestre poderán requirir a presentación nas oficinas públicas da documentación precisa para o mellor cumprimento das súas funcións.

Intentada a notificación do requirimento de documentación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento de documentación efectuado polo persoal de Inspección do Transporte Terrestre á empresa que a continuación se cita e con respecto ao período que se indica.

A documentación deberase presentar no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Mobilidade da Coruña.

O incumprimento deste requirimento considerarase obstrución ao labor inspector e infracción moi grave ou grave, segundo imposibilite ou dificulte gravemente o exercicio das funcións que ten atribuídas a Inspección do Transporte Terrestre, e sancionarase de conformidade co disposto no artigo 140.12 ou artigo 141.4 da Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 26 de decembro de 2019

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Empresa

requirida

Documentación requirida

Período de

tempo requirido

71906998M

Nome ou denominación social, enderezo e DNI/CIF da empresa cargadora, xunto coa

factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador).

15 días hábiles