Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do acordo de resolución de sanción e do requirimento de pagamento da multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C/2019/56-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución de sanción do expediente sancionador en materia de taller de reparación de automóbiles, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada, ou o seu representante, dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para formular os recursos que considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2019/56-4.

DNI da persoa interesada: 35558556G.

Acto notificado: resolución de sanción do expediente sancionador.