Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2020 pola que se empraza o interesado no procedemento abreviado 196/2019 no expediente de reposición da legalidade COR/179/2016-A1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento abreviado número 196/2019, interposto por Rocío Vigo Casal contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 21.8.2019, que inadmite por extemporáneo o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 7.2.2019, expediente COR/179/2016-A1, en que se impón unha primeira multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 13.11.2017, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula, que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, emprázase a Javier Vigo Casal para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística