Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de decembro de 2019 polo que se notifica o traslado da resolución do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade 83.6/98.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 22.10.2019, acordou dar traslado aos herdeiros de Luis Viqueira Valdés, Ana Leonor Villaverde Somoza, Ana María Viqueira Villaverde e María del Mar Viqueira Villaverde da resolución do delegado provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente do 7.2.2001.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do traslado da resolución aos herdeiros de Luis Viqueira Valdés, Ana Leonor Villaverde Somoza, Ana María Viqueira Villaverde e María del Mar Viqueira Villaverde, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística