Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4764

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 10 de decembro).

O artigo 19 da Orde do 23 de novembro de 2018, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2019 establece que, de conformidade co establecido no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas nos termos previstos no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

De igual xeito, segundo o seu artigo 20 e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 23 de novembro de 2018, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2019 (DOG núm. 234, do 10 de decembro), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 23 de novembro de 2018, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2019 (código de procedemento MT811A).

Crédito orzamentario: 125.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 07.03.541B.460.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Finalidade: axudas para actuacións encamiñadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados, e/ou formen parte das colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativas aos gastos derivados do acto clínico para a esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción e as relativas aos gastos derivados do acto clínico para a identificación animal mediante a implantación do microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición do pasaporte sanitario.

Expediente, entidades beneficiarias, importe adxudicado:

Expediente

Entidade beneficiaria

Importe adxudicado (€)

MT811A/001/2019

Concello de Sanxenxo

253,27 €

MT811A/002/2019

Concello de Ourense

46.200,81 €

MT811A/003/2019

Consorcio As Mariñas

5.167,59 €

MT811A/004/2019

Concello de Cambados

13.373,30 €

MT811A/006/2019

Concello de Lugo

12.858,85

MT811A/008/2019

Concello de Coirós

5.903,92

MT811A/009/2019

Concello de Cambre

1.080,44

MT811A/011/2019

Concello de Vilagarcía de Arousa

22.251,00

MT811A/013/2019

Concello de Santiago de Compostela

17.779,07

MT811A/015/2019

Concello do Grove

131,75