Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4762

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social e Deportivo (Arxentina)

Contribuír ao mantemento do Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social e Deportivo

60.000,00 €

3.10.2019

Convenio de colaboración coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV)

Prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

30.000,00 €

22.10.2019

Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Buenos Aires (Arxentina)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Bos Aires

20.000,00 €

5.11.2019

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos acollidos no Centro de Día Santiago Apostol de Caracas (Venezuela)

30.000,00 €

5.11.2019

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos acollidos no Centro de Día de Valencia (Venezuela)

10.000,00 €

5.11.2019

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Adquirir e instalar un alimentador de emerxencia

30.000,00 €

5.11.2019

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Execución do proxecto de perforación, mantemento, adecuación e planta de enchedura de auga potable

10.000,00 €

5.11.2019

Convenio de colaboración coa Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada, de Río de Janeiro (Brasil)

Obras de construción dun centro de hidroterapia

20.000,00 €

5.11.2019