Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/084-4).

O 20 de maio de 2019, a Xefatura Territorial de Pontevedra emitiu a resolución de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica correspondente ao centro de seccionamiento que se vai executar na avenida García Barbón, 70-72, no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/084-4), cuxa solicitante é a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

O 22 de setembro de 2019, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social achega un anexo en que modifica o proxecto CS avenida García Barbón, 70-72, correspondente ao expediente IN407A 2019/084, incluíndo unha liña de media tensión subterránea que non estaba recollida no proxecto inicial.

Polo tanto, visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Domicilio social: avenida García Barbón, 36-1º, 36201 Vigo.

Denominación: CS avenida García Barbón, 70-72.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMTS de 15 kV de 5 metros de lonxitude, con inicio na LMTS TRO713, con entrada e saída entre os centros 36CGK0 e 36SCE4. Centro de seccionamento con celas compactas baixo envolvente metálica con illamento e corte SF6. As instalacións están situadas na avenida García Barbón, 70-72, no concello de Vigo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra