Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4104

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no cuarto cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á seguinte relación de convenios que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019

Data

sinatura

Descrición

Importe total

2.9.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo (Lugo) para a reconstrución do terreo de xogo do estadio municipal «Pepe Barrera».

46.250,00 €

9.9.2019

Convenio de cooperación entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para participar no financiamento da achega económica da Xunta de Galicia para a contratación da concesión de obra dun rocódromo no recinto feiral da Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo.

50.000,00 €

25.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para a ampliación de instalación térmica de climatización do ximnasio municipal de San Cibrao das Viñas.

0,80 €

27.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra) para a mellora da accesibilidade e instalación de ascensor no edificio multiúsos.

Sen importe económico

27.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela (Pontevedra) para o acondicionamento do pavillón municipal en Chapela.

Sen importe económico

27.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económica (Inorde) para a subministración dunha carpa para a realización de eventos deportivos.

Sen importe económico

30.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Boiro para a ampliación e mellora de ximnasio da piscina municipal.

Sen importe económico

30.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal para a mellora dos vestiarios do pavillón do Rosal.

Sen importe económico

30.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteceso (A Coruña) para a instalación dunha pista de Calistenia en Corme.

Sen importe económico

30.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Castro de Rei (Ourense) para realizar obras de remate do campo de adestramento de fútbol na área deportiva de Castro Ribeiras de Lea.

Sen importe económico

30.9.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteceso (A Coruña) para a instalación dunha pista de pádel en Corme.

Sen importe económico

2.10.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Bande (Ourense) para a adquisición de equipamento deportivo para o ximnasio municipal.

10.000,00 €

3.10.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Carral (A Coruña) para a reforma do teito do pavillón de deportes do colexio Vicente Otero Valcárcel.

Sen importe económico

7.10.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Viveiro (Lugo) para a reforma de instalación eléctrica e iluminación no campo de fútbol municipal.

Sen importe económico

7.10.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Viveiro (Lugo) para a reforma de instalación eléctrica e iluminación no campo de fútbol municipal.

46.250,00 €

21.10.2019

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Unión de Federacións Deportivas Galegas para o apoio á campaña de formación e asesoramento ás federacións deportivas e clubs.

17.600,00 €

30.10.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tordoia (A Coruña) para a substitución da cuberta do polideportivo municipal.

Sen importe económico

30.10.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Baleira (Lugo) para a reforma do teito do pavillón.

Sen importe económico

30.10.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pantón (Lugo) para a construción dun campo de fútbol de adestramento.

Sen importe económico

30.10.2019

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Bande (Ourense) para a adquisición de equipamento deportivo para o ximnasio municipal.

Sen importe económico

31.10.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Viveiro (Lugo) para a realización de actuacións no campo de tiro.

6.998,14 €

12.11.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Moaña (Pontevedra) para a adquisición de material deportivo.

13.999,62 €

12.11.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) para o fomento do deporte de base, deporte feminino e alternativos.

15.000,00 €

12.11.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Galicia (Expourense) para o desenvolvemento do III Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia no recinto feiral e deportivo de Expourense.

50.000,00 €

25.11.2019

II Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pantón (Lugo) para a construción dun campo de fútbol de adestramento.

Sen importe económico

5.12.2019

Convenio marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Sen importe económico

11.12.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de San Amaro (Ourense) para a realización das obras de construción dun campo de fútbol de herba artificial no Ferradal en San Amaro.

100.000,00 €