Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2020 Páx. 3978

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de supervisión da Área Funcional.

Mediante a Resolución do 18 setembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 190, do 7 de outubro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de supervisión da Área Funcional.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro

1. Adxudicarlles os postos de supervisión da Área Funcional na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés aos/ás aspirantes que se relacionan no anexo.

2. Declarar deserto o posto de supervisión da Área Funcional de Servizos Centrais Médicos.

Segundo

O/a aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2020

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de prazas

Apelidos e nome

Código

Denominación praza

Servizo/unidade

Carballo Carballa, Roberto ***2142**

S-A2-02

Supervisión Área Funcional Servizos Centrais Técnicos

(Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra)

García Fernández, Ana ***2462**

S-A2-02

Supervisión Área Funcional Docencia, Innovación e Calidade

(Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra)

Gutiérrez Ferreira, M.ª Isabel ***1923**

S-A2-02

Supervisión Área Funcional Cirúrxica

(Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.