O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 11 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, a delegación e a encomenda de xestión que solicitou o Concello de Vilaboa, a través de escrito que tivo entrada no Rexistro da Deputación o día 4 de novembro de 2019 (número de rexistro 2019051474), para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público, a recadación das multas de tráfico, a encomenda da xestión na colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, así como a delegación da fase instrutora do procedemento sancionador nas multas de tráfico.
A citada delegación e encomenda de xestión serán realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 29 de novembro de 2019
A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019) Carlos López Font Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réximen Interior |
Carlos Cuadrado Romay Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra |