Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-73518 e un máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos de citación que se indican.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizaren as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lles será notificada.

A Coruña, 18 de novembro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A:

Nº de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

CO-0000073518

35360880J

Citación

14.8.2019

FE-0000076859

32369042S

Citación

30.7.2019