Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente FE-61240).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación do acto administrativo do procedemento de reintegro das prestacións económicas indebidamente percibidas, ditadas pola xefatura territorial, no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle á persoa citada no anexo, ou aos seus representantes, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro do dito acto administrativo.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días indicado para comparecer.

A proposta que se notifica outórgalle á persoa interesada un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, para presentar as alegacións ou os documentos que considere convenientes.

A Coruña, 18 de novembro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

FE-0000061240

32713791V

Proposta de resolución de reintegro

23.7.2019