Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do acordo de imposición de primeira multa coercitiva, coa carta de pagamento, do expediente sancionador IN635C/2019/40-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notíficaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución de imposición da primeira multa coercitiva, coa carta de pagamento, do expediente sancionador por infracción en materia de minas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións, probas ou recursos considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2019/40-4.

Persoa interesada:

DNI: 34867287T.

Acto notificado: resolución de imposición de primeira multa coercitiva en expediente sancionador.