Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección e acondicionamento do Río de San Pedro PE-2R.

Mediante resolución desta Alcaldía número 5571/19, de data 20 de decembro do 2019, acordouse aprobar inicialmente o Plan especial de protección e acondicionamento do Río de San Pedro PE-2R, en Oleiros (documento R.E. 20343, do 28.11.2019).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, durante o prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 30 de decembro de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente