Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3270

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 27 de decembro de 2019 polo que se fai pública a declaración de deserto do expediente de contratación 2019000454.

1. Entidade adxudicadora: Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

2. Órgano de contratación: o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

3. Obxecto do contrato: alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

4. Procedemento: poxa en réxime de libre concorrencia.

5. Orzamento do alleamento: 217.928,33 € máis o 21 % de IVE.

6. Orzamento de execución do proxecto técnico de desmontaxe: 195.885,56 € máis o 21 % de IVE.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 30 de outubro de 2019.

8. Data de resolución da declaración de deserto: 1 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2019

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.