Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3230

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (987/2013).

Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, polo presente anuncio que no procedemento ordinario 987/2013 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«En Lugo o 18 de agosto de 2017.

O procurador Álvaro Martín Buitrago Calvez, en nome e representación da entidade Lico Leasing, S.A. EFC, presentou demanda de xuízo ordinario contra a mercantil Cefo Vial e José Anselmo Murado Linares, María Jesús López Rivas, Daniel Fernández Durán e María Elena Vázquez Gómez (...) contestada a demanda por Cefo Vial, e non contestada polos demais demandados, por dilixencia de ordenación do 25 de febreiro de 2014 foron estes declarados en rebeldía procesual (...) .

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador Álvaro Martín Buitrago Calvet, en nome e representación da entidade Lico Leasing, S.A. EFC contra a mercantil Cefo Vial, S.L. e José Anselmo Murador Linares, María Jesús López Rivas, Daniel Fernández Durán e María Elena Vázquez Gómez, e condeno estes á devolución do local comercial descrito no feito segundo da demanda e a pagar solidariamente á demandane a cantidade de vinte e oito mil dezasete euros con vinte e un céntimos (28.017,21 €) máis os xuros conforme o disposto no fundamento xurídico cuarto da presente resolución.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación.

Así o acorda e asina José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Lugo e do seu partido».

E encontrándose os devanditos demandados, José Anselmo Murador Linares, María Jesús López Rivas, Daniel Fernández Durán e María Elena Vázquez Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva publicación en forma á devandita parte, mediante a súa publicación no DOG.

Lugo, 13 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza