Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2603

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (844/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Patricia da Silva Queiroz contra Sonia Martínez Calo, no procedemento de dereito a conciliación de vida persoal, familiar e laboral 844/2019, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Sonia Martínez Calo, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13.2.2020, ás 9.20 horas e 9.30 horas, respectivamente, na planta 4, sala 9, Edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, acordouse citalo para a súa asistencia ao acto do xuízo, co fin de practicar, se é o caso, a proba de interrogatorio de parte solicitada polo demandante, con apercibimento que, de non comparecer e ser admitida a proba proposta, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Sonia Martínez Calo, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Lugo, 20 de decembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza