Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 69/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 69/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Luis Marticorena Rodríguez contra Infordeza, S.L.U., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións:

– Auto do 20 de decembro de 2019, non impugnable, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Infordeza, S.L.U. e ao seu administrador, Carlos López Alvarellos, ambos en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza