Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade a unha resolución pola que se modifica o acordo de concentración da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) por cesión de predios do fondo de terras da dita zona ao Concello de Oroso.

Con data do 18 de outubro de 2019, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural adoptou a resolución que deseguido se cita:

«O acordo de concentración parcelaria da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia con data do 19 de xaneiro de 2012, publicado e notificado na forma legalmente establecida, e atópase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Oroso solicitou a cesión da titularidade dos predios para os fins que se indican a seguir:

Predio nº 81: aproveitamento e conservación do muíño.

Predio nº 94: aproveitamento e conservación do muíño.

Predio nº 137: conservación das medorras e restos arqueolóxicos.

Predio nº 210: aparcadoiro do cemiterio municipal.

Predio nº 232: conservación das mámoas existentes.

Predio nº 234: servizo ao cemiterio municipal.

Predio nº 274: actuacións de conservación e aproveitamento das ribeiras do río Samo.

Predio nº 279: actuacións de conservación e aproveitamento das ribeiras do río Samo.

Predio nº 335: aproveitamento e conservación do estanque e fonte.

Predio nº 491: aproveitamento e conservación do muíño.

Predio nº 495: aproveitamento e conservación do rego.

Predio nº 497: aproveitamento e conservación do rego.

Predio nº 534: punto de abastecemento de auga ou cargadoiro de madeira.

Predio nº 540: conservación e restauración do muíño.

Predio nº 573: aproveitamento de canteira.

Predio nº 796-2: aparcadoiro da igrexa.

Predio nº 824: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 855-2: construción dun pozo de auga.

Predio nº 858: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 871-1: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 895: cortalumes.

Predio nº 948: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 994: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 1005: aproveitamento e conservación da fonte pública.

Predio nº 1043: conservación do medio natural.

Predio nº 1065: actuacións de conservación e aproveitamento da escola unitaria.

Predio nº 1069: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 1079: servizo da escola unitaria.

Predio nº 1085: área recreativa do río Maruzo.

Predio nº 1088: aproveitamento e conservación do muíño.

Predio nº 1108: actuacións de conservación e aproveitamento das ribeiras do río Maruzo.

Predio nº 1113-2: cargadoiro ou amoreamento de madeira.

Predio nº 1198: aproveitamento e conservación do muíño.

Predio nº 1232: actuacións de conservación e aproveitamento das ribeiras do río Tambre.

Predio nº 1248: aproveitamento e conservación do pozo.

Predio nº 1301: actuacións de conservación e aproveitamento das ribeiras do río Tambre.

Predio nº 1310: ampliación da área recreativa de Ponte Arderís.

Predio nº 1311: área recreativa de Ponte Arderís.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios, e respecto dos cales son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita Lei 10/1985, esta dirección xeral resolve:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña), e adxudicar ao concello de Oroso a titularidade dos predios 81, 94, 137, 210, 232, 234, 274, 279, 335, 491, 495, 497, 534, 540, 573, 796-2, 824, 855-2, 858, 871-1, 895, 948, 994, 1005, 1043, 1065, 1069, 1079, 1085, 1088, 1108, 1113-2, 1198, 1232, 1248, 1301, 1310 e 1311 –que causan baixa no fondo de terras da zona– para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva desta resolución.

2. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3. Ordenar que a esta resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Oroso».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderáse interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 9 de decembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña