Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2321

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

BDNS (Identif.): 485673.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do artigo 3.2 das bases reguladoras

«2. Só se admitirá unha solicitude por entidade xestora.

Poderanse subvencionar varios proxectos por xeodestino sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

– Que se trate de territorios diferenciados dentro los límites do xeodestino.

– Ningún concello poderá participar en máis dunha proposta.

– Que os proxectos se presenten por entidades xestoras diferenciadas.

No caso de admisión de máis dun proxecto para un xeodestino, valoración establecida no punto 1.a) do artigo 6 destas bases, o territorio dividirase seguindo unha repartición de todos os concellos entre as propostas.

Se existisen varias solicitudes por territorio, a subvención será adxudicada de acordo coa seguinte orde de prelación:

• Mancomunidades e consorcios.

• Grupos de desenvolvemento rural.

• Outras asociacións legalmente constituídas».

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2020

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia