Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de decembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PA 467/2019 e PA 469/2019 contra as resolucións desestimatorias dos recursos de reposición presentados contra a Resolución do 8 de maio de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficios do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (relativos aos recursos contencioso-administrativos PA 467/2019 e PA 469/2019), en que solicitan o emprazamento dos interesados nos anteriores procedementos contra dúas resolucións desestimatorias dos recursos de reposición presentados contra a Resolución do 8 de maio de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 94, do 20 de maio).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión dos correspondentes expedientes administrativos aos referidos xulgados. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos expedientes, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos destes xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública