Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de decembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PA 479/2019, PA 537/2019, PA 539/2019, PA 541/2019 e PA 468/2019 contra dúas resolucións desestimatorias dos recursos de reposición presentados contra a Resolución do 8 de maio de 2019 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela (relativo aos recursos contencioso-administrativos PA 479/2019, PA 537/2019, PA 539/2019 e PA 541/2019), e do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (relativo ao PA 468/2019), en que solicitan o emprazamento dos interesados nos devanditos procedementos contra dúas resolucións desestimatorias dos recursos de reposición presentados contra a Resolución do 8 de maio de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 94, do 20 de maio).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos aos referidos xulgados. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos expedientes, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos destes xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública