Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2042

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 17 de decembro de 2019 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do centro privado Sagrado Corazón de Jesús, Os Praceres, Pontevedra.

A representante legal do centro privado (CPR) Sagrado Corazón de Jesús, Os Praceres, Pontevedra, solicita o cambio de titularidade a favor da Fundación Educativa Sofía Barat.

Mediante escritura pública notarial do 19 de novembro de 2019, a Congregación de Religiosas del Sagrado Corazón, a través da súa representante, cede a titularidade do CPR Sagrado Corazón de Jesús a favor da Fundación Educativa Sofía Barat.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o cambio de titularidade do CPR Sagrado Corazón de Jesús, Os Praceres, Pontevedra, código 36006237, a favor da Fundación Educativa Sofía Barat, con efectos do 1 de xaneiro de 2020.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional