Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2044

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga), para executar durante o ano 2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 19 de novembro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a realización dos traballos de retirada, almacenamento e xestión de residuos procedentes da inspección e vixilancia pesqueira realizada pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2020.

– Actividade: executar os traballos de retirada, almacenamento e xestión dos materiais, ben sexa como residuo ou para a súa reutilización, de artes de pesca procedentes de comisos realizados pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro do ano 2020.

– Financiamento: tramitouse como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1 con código de proxecto 2011 00867.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2020

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar