Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (521/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 521/2019, seguido por instancia de María del Carmen Abeleira Carneiro, María Begoña Abelenda Reino, Rosa Abeleira Rodríguez, Eva Abeleira Rodríguez e María Pilar Abelleira Barrientos contra Marisa Arteixo, S.L.U., Confecciones Fíos, S.A., Administrador Consursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de diferenzas salariais e horas extraordinarias, se ditou sentenza número 642/2019, de data do 13 decembro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marisa Arteixo, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza