Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de decembro de 2019 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de caducidade de autorización de atracada número P10-012B nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ribadeo.

Con data do 6 de novembro de 2019, a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Francisco Javier Díaz Soto con DNI ***8131**.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, Praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, e o seu réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente e ao non ser posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 110.1.b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2017, e a totalidade dos exercicios dos anos 2018 e 2019.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente, e para a estes efectos outórgase un prazo máximo de 10 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín oficial del Estado.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite a resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades, poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia