Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1842

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 13 de decembro de 2019 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado Formega, de Ferrol, por cesamento de actividades docentes.

Mediante a Orde do 31 de xullo de 2014 (DOG do 12 de agosto) autorízase a apertura e funcionamento do centro privado (CPR) Formega, de Ferrol (A Coruña), para impartir as ensinanzas de formación profesional do ciclo formativo de grao medio (CM) Soldadura e Caldeiraría, do ciclo formativo de grao superior (CS) Construcións Metálicas e do CS Educación e Control Ambiental.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incoa o expediente de extinción da autorización do centro docente, de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado Formega, de Ferrol, código 15032881, con efectos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional