Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1818

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da aprobación provisional e do acordo de sometemento a información pública do proxecto de acondicionamento de intersección entre as estradas provinciais OU-0210 e OU-0211, no concello de Quintela de Leirado.

Con data do 28 de novembro de 2019, mediante resolución da Presidencia da Deputación de Ourense, aprobouse provisionalmente o proxecto de acondicionamento de interseción entre as estradas provinciais OU-0210 e OU-0211, no concello de Quintela de Leirado, e ao abeiro do establecido artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, acordouse o sometemento ao trámite de información pública do proxecto.

A duración da información pública será de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que o proxecto pode ser examinado polas persoas que o consideren oportuno que poderán formular por escrito as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Durante o dito prazo, o proxecto estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Nas oficinas da Área de Infraestruturas, sitas no segundo andar do Pazo Provincial, r/ Progreso, nº 32, en Ourense, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– No casa do Concello de Quintela de Leirado (Tornadoiro, s/n, 32814 Quintela de Leirado).

– Na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PT S_TABLON&lang=GA

Ourense, 4 de decembro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense