Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1819

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Yagocasa, S. Coop. Galega

ANUNCIO de acordo de disolución de cooperativa.

Na asamblea xeral ordinaria celebrada o 17 de decembro de 2019, convocada con todos os requisitos legais e quórum necesario de asistencia, tomouse o acordo de disolución da cooperativa, superando os votos a favor de dous terzos (⅔) dos votos presentes e representados, segundo o establecido nos artigos 86.a) e 87 da Lei de cooperativas de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2020

María Josefa Mouro García
Socia liquidadora