Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1595

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela I4a02 do parque empresarial da Sionlla.

O Pleno da Corporación, na sesion ordinaria que tivo lugar o día 19 de decembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

• Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela I4a02 do parque empresarial da Sionlla (catastral 0507717NH4500F0000AG), promovido por Locales, Actividades y Exclusivas Comerciales, S.A. e asinado polo equipo técnico Entyl Ingenieros, S.L., sen modificacións respecto do inicialmente aprobado.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 20.12.2019)
Gumersindo Guinarte Cabada
Concelleiro delegado de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo