Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1422

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20.

Mediante a Orde do 7 de agosto de 2019 (DOG do 2 de setembro), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou unha convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20.

Unha vez rematado o procedemento establecido na convocatoria, cómpre facer pública a súa resolución definitiva, indicando para cada modalidade a relación de centros beneficiarios das axudas e a contía, de conformidade co previsto no artigo 11 da devandita orde.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

RESOLVO:

Primeiro. Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/20, os sete novos centros privados concertados seleccionados que se relacionan no anexo I, coa concesión das axudas que se sinalan.

Segundo. Conceder as contías que se detallan nos anexo II e III aos centros privados concertados integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares ao abeiro das convocatorias deste programa correspondentes aos anos 2018 e 2016-2017, respectivamente, unha vez revisadas as memorias de actividades desenvolvidas durante o ano académico 2018/19, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o curso 2019/20.

Terceiro. Da mesma forma, conceder as contías que se sinalan no anexo IV aos centros que solicitaron, no tempo e na forma, axudas na modalidade de Clubs de lectura.

Cuarto. Conceder as axudas que se sinalan no anexo V aos centros seleccionados na modalidade denominada Radio na biblio.

Quinto. Asemade, conceder as contías detalladas no anexo VI aos centros solicitantes, no tempo e na forma, de axudas na modalidade de Biblioteca inclusiva.

Sexto. Asignar, por un importe total de 162.000 €, as contías que se detallan nos devanditos anexos, destinadas a apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe; favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información; favorecer a creación de laboratorios de radio vinculados as bibliotecas xa integradas no plan de mellora e facilitar avances cara a unha biblioteca inclusiva, de acordo cos proxectos e liñas prioritarias de actuación presentadas ao abeiro da Orde do 7 de agosto de 2019 da convocatoria.

Sétimo. Os gastos realizados xustificaranse, segundo o previsto no punto 2 do artigo décimo segundo da Orde do 7 de agosto de 2019, antes do 10 de xuño de 2020. Con ese mesmo límite de datas deberá cubrirse o formulario, se é o caso, e entregar as memorias correspondentes ás distintas liñas de axuda recibida, segundo o recollido no artigo 13 da orde de convocatoria. O acceso ao formulario web para os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, a que se fai referencia no punto 1.1 do devandito artigo da Orde do 7 de agosto de 2019, seralle remitido desde a unidade de seguimento destes programas (Asesoría de Bibliotecas Escolares).

Oitavo. A non entrega da memoria e/ou da xustificación do gasto no prazo sinalado poderá ser causa de revogación das axudas concedidas e o centro deberá reintegrar a cantidade percibida, sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan exixir. Da mesma forma, o incumprimento total ou parcial dos programas ou das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión poderá dar lugar á anulación ou modificación da contía do importe concedido.

Noveno. Tanto a Inspección Educativa como as persoas responsables en materia de bibliotecas escolares da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderán supervisar e avaliar o funcionamento das bibliotecas adscritas ao Plan de mellora de bibliotecas escolares.

Décimo. Tal e como se recolle no artigo 19 da orde de convocatoria, a participación do profesorado implicado no programa de innovación educativa denominado Plan de mellora de bibliotecas escolares, en calidade de responsable da biblioteca escolar, con funcións de coordinación do equipo de apoio á biblioteca, e pola especial dedicación que require, recibirá unha certificación de innovación, equivalente a 30 horas de formación do profesorado por ano académico, ao abeiro do artigo 37 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia.

Décimo primeiro. Os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares en virtude desta convocatoria están obrigados a integrar o logo oficial deste programa nos seus espazos web e nos documentos que difundan actividades da biblioteca escolar, para o que lles será remitido o correspondente arquivo desde a unidade de seguimento do programa. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima da biblioteca escolar, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profresional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de acordo cos artigos 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Centros que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares na convocatoria de 2019. Artigo 16, punto 2.a) da Orde de 7 de agosto de 2019

Ano 2019

Ano 2020

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Mobil./

Equip.

Gtos. Fto.

BE

Total 2019

Fondos

Mobil./

Equip.

Gtos. Fto.

BE

Total 2020

Total axuda

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

Ferrol

Coruña, A

1.400

440

100

1.940

2.800

880

200

3.880

5.820

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

1.300

440

100

1.840

2.600

880

200

3.680

5.520

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

1.500

540

100

2.140

3.000

1.080

200

4.280

6.420

36019840

CEEPR San Jerónimo Emiliani

Guarda, A

Pontevedra

1.000

300

100

1.400

2.000

600

200

2.800

4.200

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

1.400

540

100

2.040

2.800

1.080

200

4.080

6.120

36010356

CPR Plurilingüe Escuelas Nieto

Vigo

Pontevedra

1.300

500

100

1.900

2.600

1.000

200

3.800

5.700

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

1.500

540

100

2.140

3.000

1.080

200

4.280

6.420

ANEXO II

Centros concertados integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no ano 2018. Artigo 16, punto 2.b) da Orde do 7 de agosto de 2019

 

Ano 2019

Ano 2020

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Mobil./

Equip.

Gtos. Fto. BE

Total 2019

Fondos

Mobil./

Equip.

Gtos. Fto. BE

Total 2020

Total axuda

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

Coruña, A

1.200

500

100

1.800

2.400

1.000

200

3.600

5.400

15006353

CPR Plurilingüe Jorge Juan

Fene

Coruña, A

1.600

700

100

2.400

3.200

1.400

200

4.800

7.200

15006390

CPR Plurilingüe Jesús Maestro

Ferrol

Coruña, A

1.100

500

100

1.700

2.200

1.000

200

3.400

5.100

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

Coruña, A

1.400

600

100

2.100

2.800

1.200

200

4.200

6.300

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

1.500

700

100

2.300

3.000

1.400

200

4.600

6.900

36018847

CEEPR Juan María

Nigrán

Pontevedra

1.100

500

100

1.700

2.200

1.000

200

3.400

5.100

36014209

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

Vigo

Pontevedra

1.400

600

100

2.100

2.800

1.200

200

4.200

6.300

36011351

CPR San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

1.400

600

100

2.100

2.800

1.200

200

4.200

6.300

ANEXO III

Centros concertados integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares nos anos 2016 e 2017. Artigo 16, punto 2.c) da Orde do 7 de agosto de 2019

Ano 2019

Ano 2020

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Fondos

Total axuda

15000600

CPR Ntra. Sra. del Rosario

Arzúa

A Coruña

500

1.000

1.500

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

Coruña, A

A Coruña

700

1.400

2.100

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Coruña, A

A Coruña

700

1.400

2.100

15004198

CPR Plurilingüe Hijas de Jesús

Coruña, A

A Coruña

500

1.000

1.500

15006481

CPR Plurilingüe Compañía de María

Ferrol

A Coruña

500

1.000

1.500

15006882

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

Ferrol

A Coruña

500

1.000

1.500

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

A Coruña

400

800

1.200

15010071

CPR Jorge Juan

Narón

A Coruña

600

1.200

1.800

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Santiago de Compostela

A Coruña

500

1.000

1.500

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Santiago de Compostela

A Coruña

600

1.200

1.800

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar, O

Ourense

500

1.000

1.500

32013557

CPR Plurilingüe María Inmaculada

Verín

Ourense

500

1.000

1.500

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Pontevedra

Pontevedra

700

1.400

2.100

36006997

CPR Santo Tomás

Porriño, O

Pontevedra

500

1.000

1.500

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

600

1.200

1.800

36011312

CPR San Fermín

Vigo

Pontevedra

500

1.000

1.500

ANEXO IV

Clubs de lectura-concertados. Artigo 21, punto 2 da Orde do 7 de agosto de 2019

Ano 2019

Ano 2020

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

clubs

Fondos clubs

Total axuda

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

A Coruña

400

800

1.200

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Coruña, A

A Coruña

600

1.200

1.800

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

Ferrol

A Coruña

400

800

1.200

15006420

CPR Plurilingüe La Salle

Ferrol

A Coruña

400

800

1.200

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

A Coruña

300

600

900

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Santiago de Compostela

A Coruña

400

800

1.200

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

Santiago de Compostela

A Coruña

500

1.000

1.500

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Santiago de Compostela

A Coruña

500

1.000

1.500

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

400

800

1.200

32008525

CPR Plurilingüe Divina Pastora

Ourense

Ourense

400

800

1.200

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

400

800

1.200

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

400

800

1.200

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Pontevedra

Pontevedra

600

1.200

1.800

36006997

CPR Santo Tomás

Porriño, O

Pontevedra

400

800

1.200

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

Sanxenxo

Pontevedra

400

800

1.200

36025037

CPR Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

300

600

900

36010976

CPR Plurilingüe Compañía de María

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

36010848

CPR Plurilingüe San Fernando

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

36011351

CPR San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

ANEXO V

Radio na biblio-concertados. Artigo 24, punto 3 da Orde do 7 de agosto de 2019

Ano 2019

Ano 2020

Código

Centro

Concello

Provincia

Equipamento

Formación

Total

Equipamento

Formación

Total

Total axuda

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Coruña, A

Coruña, A

400

240

640

800

480

1.280

1.920

15004198

CPR Plurilingüe Hijas de Jesús

Coruña, A

Coruña, A

400

240

640

800

480

1.280

1.920

15006353

CPR Plurilingüe Jorge Juan

Fene

Coruña, A

400

240

640

800

480

1.280

1.920

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

400

240

640

800

480

1.280

1.920

36014209

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

Vigo

Pontevedra

400

240

640

800

480

1.280

1.920

ANEXO VI

Biblioteca inclusiva. Artigo 29 punto 2 da Orde do 7 de agosto de 2019

 

Ano 2019

Ano 2020

Código

Centro

Concello

Provincia

Biblioteca inclusiva

Biblioteca inclusiva

Total

axuda

32020823

CEEPR Ilustre Mestre

Ourense

Ourense

1.000

2.000

3.000

36019840

CEEPR San Jerónimo Emiliani

Guarda, A

Pontevedra

1.000

2.000

3.000

36018847

CEEPR Juan María

Nigrán

Pontevedra

2.000

4.000

6.000