Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1428

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019 pola que se conceden as axudas da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (código de procedemento ED431G).

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, por medio da Orde do 19 de setembro de 2019 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Unha vez finalizada a tramitación establecida no artigo 11 da convocatoria, realizouse o proceso de avaliación e selección das axudas, de acordo co establecido no artigo 12 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de acordo co artigo 13 da convocatoria, polo que, de acordo co establecido no dito artigo e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da Comisión de Selección, a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás universidades que a continuación se relacionan (con indicación da denominación de cada Centro de Investigación e o seu acrónimo) as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Orde do 19 de setembro de 2019.

Nº exp.

Univ.

Centro de Investigación do SUG

Cualificación

Importes

2019

2020

2021

2022

Total

ED431G 2019/01

UDC

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

C

7.777,78

733.333,33

733.333,33

733.333,33

2.207.777,77

ED431G 2019/02

USC

Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus)

B

9.333,33

920.000,00

920.000,00

920.000,00

2.769.333,33

ED431G 2019/03

USC

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais

Moleculares

(Ciqus)

A

9.666,67

960.000,00

960.000,00

960.000,00

2.889.666,67

ED431G 2019/04

USC

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius)

C

7.777,78

733.333,33

733.333,33

733.333,33

2.207.777,77

ED431G 2019/05

USC

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

A

10.000,00

1.000.000,00

1.000.000,00

1.000.000,00

3.010.000,00

ED431G 2019/06

UVigo

Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio)

C

7.111,11

653.333,33

653.333,33

653.333,33

1.967.111,10

ED431G 2019/07

UVigo

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo)

C

6.111,11

533.333,33

533.333,33

533.333,33

1.606.111,10

ED431G 2019/08

UVigo

Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlanTTic)

D

5.222,22

426.666,67

426.666,67

426.666,67

1.285.222,23

Segundo. As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na aplicación 10.40.561B.744.0, no marco do plan de financiamento do SUG para o período 2019-2020, agás as anualidades de 2021 e 2022, que se integrarán no novo plan de financiamento, de acordo coa seguinte desagregación:

Univ.

Tipo de fondo

Código de proxecto

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

Total

UDC

Feder (S)

2015 00409

0,00

634.899,32

634.899,32

634.899,32

1.904.697,96

Fondo propio (N)

2016 00129

7.777,78

98.434,01

98.434,01

98.434,01

303.079,81

Total UDC

7.777,78

733.333,33

733.333,33

733.333,33

2.207.777,77

USC

Feder (S)

2015 00409

0,00

3.128.322,15

3.128.322,15

3.128.322,15

9.384.966,45

Fondo propio (N)

2016 00129

36.777,78

485.011,18

485.011,18

485.011,18

1.491.811,32

Total USC

36.777,78

3.613.333,33

3.613.333,33

3.613.333,33

10.876.777,77

Uvigo

Feder (S)

2015 00409

0,00

1.396.778,52

1.396.778,52

1.396.778,52

4.190.335,56

Fondo propio (N)

2016 00129

18.444,44

216.554,81

216.554,81

216.554,81

668.108,87

Total UVigo

18.444,44

1.613.333,33

1.613.333,33

1.613.333,33

4.858.444,43

Total convocatoria

63.000,00

5.959.999,99

5.959.999,99

5.959.999,99

17.942.999,97

Terceiro. Aqueles centros de investigación que obtiveron unha cualificación D terán que someterse a unha avaliación intermedia do rendemento antes da última anualidade, e será preciso obter unha cualificación positiva nesta fase para facer efectiva a última anualidade da axuda. Para este fin, a Secretaría Xeral de Universidades poderá emitir instrucións para unha mellor definición destes procedementos, se o considera oportuno. Nas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores que figuran na memoria descritiva da solicitude. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 25 (incumprimentos, renuncias, reintegros e sancións) da orde de convocatoria.

Cuarto. Establecer as condicións da subvención que se especifican nos anexos I, II e III desta resolución.

Quinto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria e nesta resolución suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Condicións técnicas da axuda

Primeira. As unidades de investigación seleccionadas recibirán a acreditación de centros de investigación de Galicia. Esta acreditación estará vixente como máximo durante o tempo de duración da axuda e sempre que se cumpran as condicións do programa.

A acreditación será nominativa para cada unha das unidades, sen que alcance ao conxunto da universidade a que pertence.

Segunda. A Universidade asume as seguintes obrigas:

Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano concedente, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e nesta resolución de concesión.

Que a unidade estea permanentemente constituída por un mínimo de dez persoas investigadoras líderes de acordo co definido no artigo 2 da orde de convocatoria. No caso de que algunha das persoas propostas cause baixa, deberá substituírse por outra de análoga traxectoria ou ben valorar se a unidade pode continuar co seu desempeño coa nova composición. As unidades deberán comunicar estas modificacións á Secretaría Xeral de Universidades, que resolverá ao respecto.

Que as dependencias da unidade de investigación estean perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas no seo das propias universidades e localizadas en Galicia.

Adaptar os consellos reitores, nos casos en que sexa necesario, para que nestes órganos colexiados figure con voz e voto unha persoa, cando menos, en representación da Secretaría Xeral de Universidades. Establécese un período máximo dun ano para que a incorporación sexa efectiva.

Adaptar a composición e o funcionamento dos comités asesores externos (CAE ou SAB) aos estándares internacionais que adoitan rexer neste tipo de órganos colexiados.

Manter a persoa que lidera a dirección científica da unidade durante o período da axuda. Se por causa xustificada esta persoa tivese que ser substituída, comunicarase á Secretaría Xeral de Universidades que, á vista dos informes preceptivos do CAE do centro e da comisión asesora do programa (CAP), resolverá ao respecto.

Comunicar, para a súa aprobación se procede, as modificacións dos proxectos estratéxicos que se rexerán polo disposto no artigo 18 da convocatoria.

Terceira. Poderá producirse a perda da acreditación nos seguintes casos:

a) A finalización anticipada do período de execución da axuda como consecuencia da concorrencia dalgunha das causas de reintegro Total previstas na orde de convocatoria ou na lexislación vixente, ou por renuncia voluntaria do beneficiario.

b) No caso de que se detecte un incumprimento Total dos obxectivos ou da actividade para a cal se concedeu a axuda, a través dos procedementos de seguimento e comprobación da xustificación.

c) A substitución da persoa que lidera a dirección da unidade sen contar con resolución expresa aprobatoria da Secretaría Xeral de Universidades, así como a vacante da dirección científica durante un período superior a un ano.

d) Unha perda de masa crítica (especialmente das persoas investigadoras lideres) que, de acordo cos procedementos de avaliación e mecanismos de control e seguimento establecidos na orde de convocatoria, imposibilitase a correcta execución do proxecto estratéxico de investigación.

e) A escisión do centro acreditado.

f) Cambios na determinación do centro que non fosen autorizados mediante resolución da Secretaría Xeral de Universidades.

g) A non implementación e/ou mantemento no período da axuda, pola universidade, do compromiso institucional de soporte científico, económico e técnico á unidade, recollido na solicitude para período; así como o incumprimento dos incentivos previstos para dotar a unidade dun maior grao de autonomía.

h) A diminución ou perda dos espazos asignados á unidade ou que se teñan previsto asignar de acordo co compromiso institucional.

ANEXO II

Condicións económicas particulares da axuda

Primeira. Estas axudas están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, categoría de intervención 060 Actividades de investigación e innovación en centros de investigación públicos e centros de competencia, incluíndo a interconexión en rede; actuación CPSO:1.2.3.3 Apoio ás estruturas de investigación do Sistema universitario galego (SUG): centros e agrupacións estratéxicas; eixe 1: Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1b: o fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 1.2.3.: fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, tecnoloxías facilitadoras esenciais e coñecemento orientado aos retos da sociedade; e liña de actuación 25: medidas de mellora e apoio aos centros de investigación singulares do Sistema universitario de Galicia (SUG), e está sometida ao disposto no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e no Regulamento (UE) 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como a normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

O organismo intermedio baixo cuxa xestión está o beneficiario do proxecto é a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, que abarca todo o ámbito da Xunta de Galicia e os organismos dependentes.

O organismo en cuxa senda financeira (OSF) está enmarcado o proxecto é a Xunta de Galicia.

O organismo que selecciona esta operación e expide a DECA é a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Esta resolución é coherente coa normativa comunitaria e coas directrices elaboradas pola Comisión Europea sobre as opcións de custos simplificados, que teñen por obxecto a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas ás entidades beneficiarias e a redución da posibilidade de erro e carga administrativa aos promotores do proxecto. De acordo co previsto no artigo 20 da Orde do 19 de setembro de 2019, e en aplicación do artigo 68 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e normas número 5 e 13 da Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, distinguen ente custos reais de xustificación por medio de documentos xustificativos de gastos e pagamentos e custos indirectos suxeitos ao réxime de custos simplificados a través dun tipo fixo de ata o 15 % dos custos directos de persoal subvencionables.

Segunda. Aos gastos subvencionables Feder (artigo 6), punto a, da orde de convocatoria) seralles de aplicación o previsto na Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

Terceira. Dado que as universidades beneficiarias teñen a condición de poder adxudicador, de acordo co disposto no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberanse someter á disciplina de contratación pública para adquirir os bens ou servizos subvencionables.

Cuarta. As universidades beneficiarias destas axudas deberán aceptar a subvención concedida no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A aceptación da axuda implicará as seguintes obrigas:

a) Presentar con data límite do 15 de decembro unha reelaboración do proxecto estratéxico e o seu orzamento na cal se detallen e axusten as diferentes partidas de gasto para unha adecuada execución da axuda concedida, de acordo cos dereitos e as obrigas fixados na orde reguladora e na resolución de concesión, se é o caso.

b) Aceptar a súa inclusión na lista de operacións, onde figurarán os nomes dos beneficiarios, as operacións, a cantidade de fondos públicos asignada, que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvencións.

c) A declaración de que a entidade beneficiaria ten capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que permita unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta convocatoria, e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados, cando menos, durante un prazo de tres anos, ou dous anos no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de €, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

e) A entidade beneficiaria deberá introducir os datos e documentos dos cales sexa responsable, así como todas as posibles actualizacións no sistema de intercambio electrónico de datos, de acordo coas especificacións determinadas nesta convocatoria en cumprimento do artigo 122.3 do Regulamento 1303/2013 e no artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014.

f) Cumprir todas as actividades ás que se comprometeron dentro do desenvolvemento do proxecto e que consten na memoria de solicitude da axuda, e de acordo cos requisitos e as condicións establecidos na orde de convocatoria destas axudas.

Quinta. A subvención será librada á universidade solicitante a que pertenza o Centro de Investigación, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

As axudas terán como data de inicio o 1 de decembro de 2019 e como data límite de finalización o 30 de novembro de 2022, polo que se admitirán gastos e pagamentos dese período, de acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 19 de setembro de 2019.

A Secretaría Xeral de Universidades poderá ditar instrucións específicas co fin de aclarar a elixibilidade dos gastos.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade beneficiaria expida, no ano 2019, na data límite do 15 de decembro 2019, a seguinte documentación:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) A adaptación do proxecto estratéxico e do orzamento á contía da axuda recibida.

Para proceder ao libramento dos fondos nas anualidades de 2020, 2021 e 2022 será necesario que a entidade beneficiaria expida na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate a seguinte documentación:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma en razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) Memoria explicativa do logro dos obxectivos do proxecto estratéxico de investigación. Esta memoria explicativa irá asinada pola persoa directora científica correspondente.

c) Certificación das variacións na composición do centro durante a anualidade que se xustifica.

d) Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

e) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

f) As entidades beneficiarias deben informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade. Este indicador é: E021, investigadores-ano participando en proxectos cofinanciados; unidade de medida: persoas-ano.

No suposto de que a entidade solicitante se opoña á consulta por parte do órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que deberá realizarse nos tres primeiros meses de cada anualidade.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente e que, xunto cos pagamentos anticipados, en ningún caso poderán superar o 100 % da axuda concedida.

Nas anualidades de 2019, 2020 e 2021, os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte para o cobramento, agás o previsto no punto 2 deste artigo. Nas anualidades de 2020 e 2021, no caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, Seguridade Social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considerarase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou as cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación.

Sexta. As universidades beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente da axuda, especificamente estarán sometidas á función interventora e de control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello, e someterse ás actuacións de control e análise de riscos que poidan efectuar a autoridade de xestión do programa operativo e, se é o caso, os órganos competentes do organismo intermedio coa axuda de ferramentas informáticas específicas da Unión Europea, en particular a aplicación informática Aranchne.

A aceptación da axuda implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión e cumprir a normativa en materia de subvencións (RDC artigo 125.4.c).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideren ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto httpp://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidasantifraude/snca-olaf.

A detección de irregularidades que poidan implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, xunto cos correspondentes xuros de mora e as irregularidades detectadas no gasto xustificado do beneficiario reducirán a axuda Feder da operación.

ANEXO III

Condicións de publicidade e imaxe da axuda

Primeira. A información detallada poderase consultar na Estratexia de comunicación 2014-2020 dos P.O. Feder e FSE de Galicia, dispoñible no portal web da Consellería de Facenda, área temática de planificación e fondos, período comunitario 2014-2020.

Segunda. As entidades beneficiarias destas axudas, ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade de financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, durante a realización da operación, deberán:

a) Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que realicen o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea e unha referencia ao fondo que dá apoio á operación. Deberá incorporarse o lema asociado ao fondo «Unha maneira de facer Europa».

b) Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización da operación, facendo unha breve descrición na web, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

c) Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo á entrada das dependencias do centro, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa incorporarán o emblema da Unión e indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

d) No caso de persoal de nova contratación, a mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade de investigación e á orde de convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade de investigación, a entidade beneficiaria deberá comunicar por escrito ao traballador ou traballadora que parte do seu salario está sendo cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos, e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade de investigación, á presente convocatoria e á porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades subvencionadas pola presente convocatoria.

Durante o período de vixencia da axuda recibida, as universidades beneficiarias e as unidades deberán publicar a concesión na súa páxina web e dar publicidade a esta, mencionando, así mesmo, a axuda nas referencias a calquera aspecto da actividade en medios de comunicación e accións de difusión.

Se a actuación estivese cofinanciada, a publicidade e difusión da axuda concedida ao amparo desta convocatoria, así como a súa relevancia, deberán ser polo menos equivalentes ás das outras fontes de financiamento.

No caso concreto de publicacións científicas, relatorios, presentacións en congresos, contratos laborais e outras axudas ao persoal, contratos de adquisición de bens e servizos, equipos, e contratos de transferencia de tecnoloxía financiados con cargo á axuda obtida, deberá, polo menos, citarse a lenda de Centro de Investigación do Sistema universitario de Galicia, así como facer alusión ao financiamento da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Terceira. As entidades beneficiarias e os centros de investigación poderán dar publicidade á acreditación durante o seu período de vixencia e, en todo caso, estarán obrigadas a empregar a normativa de imaxe que estea vixente para este tipo de unidades durante o período da axuda.

A Secretaría Xeral de Universidades poderá ditar instrucións específicas co fin de aclarar os requisitos de publicidade.