De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorporan como anexo a esta resolución.
ANEXO
Descrición |
Importe (euros) |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para o desenvolvemento dun proxecto de comunicación e información sobre o segundo dividendo dixital |
82.788,20 |
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2020
María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios